Chikusei (筑西市, ちくせいし, Chikusei-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado ó leste da rexión de Kantō e no centro-leste da prefectura, e na área da provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 205,35km², a poboación é de 109.160 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 532 h/km².
A cidade de Chikusei foi fundada pola fusión do concello da cidade de Shimodate e tres concellos de vilas do distrito de Makabe (Sekijō, Akeno e Kyōwa) no ano 2005.