Torre dos Escipións
Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |
---|---|
Torre dos escipións | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III |
Inscrición | 2000 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 875rev |
A Torre dos Escipións (en catalá, Torre dels Escipions), é unha torre funeraria construída polos romanos nos arredores de Tarraco, antiga cidade romana que se corresponde coa actual cidade de Tarragona (España). A torre dos Escipións é un dos elementos do «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, sendo identificada a torre co código 875-010. É unha das tres torres funerarias romanas mellor conservadas da Península Ibérica, coa Torre Ciega (Cartaxena) e a Torre de Sant Josep (La Vila Joiosa).
Historia[editar | editar a fonte]
Construída na metade do século I dC, a seis quilómetros da cidade de Tarraco, capital da Hispania Citerior, no trazado da Vía Augusta, a calzada romana que atravesaba toda a Península desde os Pireneos ata Gades, (Cádiz), é un dos monumentos funerarios máis importantes da época romana que aínda se conservan en toda a Península Ibérica.
Características arquitectónicas[editar | editar a fonte]
É un monumento turriforme, con tres plantas superpostas en forma decrecente. Está construído con perpiaños rectangulares. No corpo intermedio hai dous relevos que representan ao deus de Frixia Atis divindade da morte e a resurrección, fillo de Pessinunte e ademais no mesmo nivel atópase unha cámara funeraria que acubillaba o enxoval do defunto. Mide na súa base 4,40 x 4,70 m..
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Escipións |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol