Torre dos Escipións
Torre dos Escipións | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | xacemento arqueolóxico e sepultura ![]() | |||
Parte de | conxunto arqueolóxico de Tarraco ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 0,08 ha ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Tarragona | |||
Comarca | Tarragonès | |||
Concello | Tarragona ![]() | |||
Enderezo | Crtra. N-340, km 1.169 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Identificador | 875-010 | |||
| ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Data | 28 de xullo de 1926 | |||
Identificador | RI-51-0000324 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Data | 28 de xullo de 1926 | |||
Codi BCIN | 2025-MH-ZA-EN ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0000324 ![]() | |||
Id. IPAC | 243 ![]() | |||
Id. IPAPC | 4277 ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Torre dos Escipións (en catalá, Torre dels Escipions), é unha torre funeraria construída polos romanos nos arredores de Tarraco, antiga cidade romana que se corresponde coa actual cidade de Tarragona (España). A torre dos Escipións é un dos elementos do «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, sendo identificada a torre co código 875-010. É unha das tres torres funerarias romanas mellor conservadas da Península Ibérica, coa Torre Ciega (Cartaxena) e a Torre de Sant Josep (La Vila Joiosa).
Historia
[editar | editar a fonte]Construída na metade do século I dC, a seis quilómetros da cidade de Tarraco, capital da Hispania Citerior, no trazado da Vía Augusta, a calzada romana que atravesaba toda a Península desde os Pireneos ata Gades, (Cádiz), é un dos monumentos funerarios máis importantes da época romana que aínda se conservan en toda a Península Ibérica.
Características arquitectónicas
[editar | editar a fonte]É un monumento turriforme, con tres plantas superpostas en forma decrecente. Está construído con perpiaños rectangulares. No corpo intermedio hai dous relevos que representan ao deus de Frixia Atis divindade da morte e a resurrección, fillo de Pessinunte e ademais no mesmo nivel atópase unha cámara funeraria que acubillaba o enxoval do defunto. Mide na súa base 4,40 x 4,70 m..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Escipións ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol