Atis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de Atis. Museo de Éfeso (Turquía).

Atis (en grego clásico Άττις Áttis) ou Córibas é, na mitoloxía grega e frixia,[1] o fillo/amante de Cibeles, o seu servinte eunuco e condutor da súa carroza tirada por leóns. Atis entoleceu por causa de Cibeles e se castrou a si mesmo. Inicialmente Atis era un deus local de Frixia, con raigame no gran centro comercial frixio de Pesino, situado no sopé do monte Agdistis. A montaña era personificada como un daemon, a quen os estranxeiros emparentaban coa Gran Nai Cibeles.

Os seus sacerdotes eran eunucos, tal como se explica na orixe do mito en referencia a Atis e a castración, ocorrida trala chegada de Cibeles á súa voda cunha ninfa que remata con todo o mundo entolecendo e autocastrándose, esta parte do ritual acabaría converténdose no bautismo de sangue do "Taurobolio".

Orixes e mito[editar | editar a fonte]

O culto a Atis comenzou cara o 1200 a. C. no monte Díndimo (actualmente Murat Dağı en Gediz, Kütahya). A finais do século IV o culto a Atis cobrou forza no mundo grego. A historia da súa orixe en Agdistis, rexistrada polo viaxeiro-xeógrafo Pausanias, posúe certos elementos que claramente non son gregos: a Pausanias dinlle que o daemon Agdistis inicialmente tiña atributos tanto masculinos como femininos[2] "Un monstro hermafrodita, Agditis, naceu dunha pedra fecundada por Zeus. Os deuse decidiron castralo e transformalo en deusa Cibeles, tras unha variante, da sangue do hermafrodita naceu unha amendoeira, comendo unha das súas améndoas, Nana, a filla de do río Sangarios, quedou preñada e deu luz a un neno, Attis. Unha vez máis, Attis celebraba o seu casamento coa filla do rei, cando Cibeles, quen lle profesaba un amor louco, se introduce na sala do festín. Os asistentes enlouqueceron colectivamente: o rei amputouse os seus xenitais; Attis tamén se autocastra baixo un piñeiro e morre.”

Accedendo aos rogos de Cibeles-Agditis, Zeus acepta que o corpo de Attis non se corrompa, que os seus cabelos non deixasen de medrar e que siga movendo o dedo mainiño.

Atis renace como Piñeiro sempre verde. Este renacemento era celebrado o 25 de marzo, o festival de "Hilaria". Segundo relatou o xeógrafo Estrabón, no templo de Cibeles en Pesino, a nai dos deuses era aínda chamada Agdistis.[3]

Na medida que o culto orxiástico de Cibeles se diseminou desde Anatolia ata Grecia e finalmente ata Roma durante a época de Claudio, el culto de Atis, seu consorte eunuco renacido, acompañouna. A primeira referencia literaria sobre Atis é o tema dun dos poemas mais famosos de Caio Valerio Catulo.[4] pero parece que o culto de Atis en Roma non se acoplou co culto preexistente a Cibeles ata comezos do Imperio.[5]

Nacemento[editar | editar a fonte]

Segundo Sir James George Frazer, o seu nacemento celebrábase en Roma o 21 de marzo (equinoccio de primavera).[6] As festas de Atis celebrábanse en Roma do 15 ó 27 de marzo. Ó longo delas íanse cumprindo determinados ritos e cerimonias cos que se reproducían os actos principais da vida deste deus-home: nacemento, emasculación, morte e resurrección.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Una supuesta conexión lidia, basada en los estudiosos del siglo XIX sobre una conexión con el Atys de Heródoto, y repetida por la mayoría de las fuentes modernas a excepción de Walter Burkert, fue examinada y descartada por "Attis: A Greek God in Anatolian Pessinous and Catullan Rome. 4.ª serie. 
  2. Pausanias vii.19.
  3. Estrabón, Geografía xii.5.3.
  4. Catulo, poema LXIII. Grant Showerman. Was Attis at Rome under the Republic?. 
  5. Lambrechts (1962) adopta a postura de que previamente Atis fora un seguidor mortal de Cibeles, e que a súa resurrección foi un reflexo do cristianismo no século siglo II d. C.
  6. Frazer, James George. La rama dorada. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lambrechts, P.. Attis: Van Herdersknaap tot God.  Criticado en North, J.A.. The Journal of Roman Studies. 
  • "Cybele, Attis and Related Cults". Essays in Memory of M.J. Vermaseren. Religions in the Graeco-Roman World. Lane, E.N.. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]