Muralla de Tarragona
| Muralla de Tarragona | |||
|---|---|---|---|
| Tarragona | |||
|
Instancia de
| |||
| Dimensión | |||
| |||
| Localización | |||
|
Situado en
| |||
|
Localización
| |||
|
País
| |||
| Patrimonio cultural | |||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||
| Data | 2000 (24ª Sesión) | ||
| Identificador | 875-001 | ||
|
| |||
| Ben de Interese Cultural | |||
| Data | 24 de marzo de 1884 | ||
| Identificador | RI-51-0000037 | ||
|
| |||
| Ben Cultural de Interese Nacional | |||
| Data | 1 de xaneiro de 1884 | ||
| Codi BCIN | 213-MH | ||
| Codi BIC | RI-51-0000037 | ||
| Id. IPAC | 232 | ||
| Id. IPAPC | 13122 | ||
| Wikidata C:Commons | |||

A muralla de Tarragona é unha estrutura militar de orixe romano que arrodea o casco antigo da cidade de Tarragona. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-001.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A muralla é a construción máis antiga da Tarraco romana. Nun primeiro momento tratábase dunha simple cerca de madeira que tiña coma misión protexer a gornición militar. Comezou a construírse no século III a.C., aínda que non existe consenso sobre se foi durante a segunda guerra púnica ou con posterioridade. Sufriu unha ampliación ao longo do século II a.C., posiblemente durante a formación da cidade romana de Tarraco. Desta época consérvanse tres torres orixinais:
- A Torre do Arquebisbe
- A Torre do Cabiscol
- A Torre de Minerva
Entre os anos 217 e 197 a.C. foi ampliada e fortalecida cun frontal de pedra de 6 metros de altura e 4,5 metros de grosor, reforzando con torres os puntos máis febles. Na segunda metade do século II a.C. a muralla medrou en altura e grosor e estendeuse ata abranguer toda a cidade. Na actualidade consérvanse 1300 metros da edificación orixinal en boas condicións.
Sufriu numerosas modificacións ao longo da historia, coma por exemplo a apertura do Portal del Roser na época medieval para proporcionar un novo aceso á cidade ou a súa rehabilitación como paseo arqueolóxico nos anos 30 do século XX. Dende finais do século XIX é de propiedade pública e no ano 2000 foi catalogada coma Patrimonio da Humanidade, sendo un dos símbolos máis característicos da cidade de Tarragona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muralla de Tarragona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Concello de Tarragona
- Páxina do Museo de Historia de Tarragona Arquivado 08 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Ficha da muralla de Tarraco en spanisharts (en castelán) Arquivado 25 de setembro de 2009 en Wayback Machine.
- Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana
- Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
