Saltar ao contido

Arco de Berà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arco de Berà
Roda de Berà Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Parte de
 Cultura
Dimensións
Superficie0,01 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Carretera N-340 km 1183 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2000 (24ª Sesión)
Identificador875-014

Ben de interese cultural
Data28 de xullo de 1926
IdentificadorRI-51-0000323

Ben Cultural de Interese Nacional
Codi BCIN2046-MH-ZA Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0000323 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC189 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC7099 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Arco de Berà (a miúdo escrito como Arco de Bará) é un arco de triunfo situado a uns 20 km ao norte da cidade de Tarragona, en Cataluña, preto de Roda de Berà. O arco atópase sobre o trazado do que foi a vía Augusta, actualmente sobre a estrada nacional 340. O arco de Berà é un dos elementos do Conxunto arqueolóxico de Tarraco, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

O seu nome derivaría do conde Berà. Trátase dun arco honorífico constituído por un corpo central sobre un podio decorado con falsas pilastras acanaladas que culminan en capiteis corintios. Ten unha única apertura en arco de medio punto e a parte superior da construción culmina cun entaboamento formado por arquitrabe, friso e cornixa. O monumento está feito de pedra calcaria, seguramente proveniente da rexión.

A construción data da época do emperador Augusto, cara ao 13 a.C. Suponse que foi dedicado a Augusto ou ao seu xenio e que serviu para marcar os límites territoriais que dependían de Tarraco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]