Circo romano de Tarraco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Tarragona.Circo.Romano.jpg
Circo romano de Tarraco
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 2000
País: España España
Localización: 41°07′05.0″N 1°15′21.0″L / 41.118056, -1.255833
Rexión: Europa e
América do Norte
Tipo: Cultural
Criterios: II, III
Descrición UNESCO: fr en
Aspecto exterior.
Detalle chanzos.

O Circo romano de Tarraco é un edificio romano conservado na actual Tarragona. Construíuse impulsado politicamente polo Concilium provinciae Hispaniae citerioris, reunión anual dos representantes da provincia Citerior, moi preto do Forum Provincial de Tarraco, dentro do recinto amurallado no socalco inferior da Parte Alta da cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis. Constitúe, xunto con outros emprazamentos, o Conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-004.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construído no século I d.C. baixo o mandato do emperador romano Domiciano. Nel disputábanse as corridas de carros, xeralmente de dous cabalos (bigas) ou de catro (cuadrigas) conducidos polos aurigas. Empregouse coma circo durante trescentos anos. No século V habilitáronse partes do circo para reconvertelas en vivendas. No ano 1128 o recinto do circo era coñecido coma El Corral, e empregábase coma sede de feiras e transaccións comerciais. Durante as seguintes épocas foise construíndo enriba da súa estrutura orixinal ata quedar incrustado no mesmo centro urbano de Tarragona, o que posibilitou que sexa un dos mellor conservados do mundo.

Consérvase e é visitable a parte da cabeceira oriental, onde se sitúa a porta triunfalis e boa parte das bancadas. Ademais, son visitables varias das voltas interiores do circo, que aguantaban as bancadas superiores, cuxa dimensión conservada é tamén un récord sobre os demais circos romanos conservados. Estas voltas penetran en moitos casos nas entrañas do casco antigo.

Características técnicas[editar | editar a fonte]

Aceso ás gradas.

Capacidade: entre 25.000 e 30.000 persoas.

Forma arquitectónica: forma alongada con remates circulares.

Dimensións: 325 metros de longo e entre 110 e 115 metros de ancho.

Estrutura: está construído sobre fortes bóvedas de cemento que ademais de servir de apoio aos chanzos, ás escaleiras e á plataforma superior, formaban unha serie de corredores interiores que permitían distribuír aos espectadores pola instalación.

Estancias e partes do circo: Podium (muro de máis de 2 metros de altura que separaba a arena das bancadas); Carceres (estancias con saída á arena empregadas coma aparcadoiro para os carros); Spina (división lonxitudinal da arena con mármore e mosaicos); Porta Pompae (porta principal); Porta Livitensis (porta para a saída dos feridos); Pulvinar (tribuna presidencial); Caveae (bancadas, fieiras de asentos).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]