Saltar ao contido

Torre de Pisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTorre de Pisa
(it) Torre di Pisa Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe do interior
Imaxe
Tiposteeple (en) Traducir
church tower (en) Traducir
torre inclinada (pt) Traducir
atracción turística
museo
museu religioso (pt) Traducir
free-standing tower (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoPisa, torre e torre inclinada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPisa, Italia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPiazza del Duomo, 56126 Pisa PI Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°43′23″N 10°23′48″L / 43.7231, 10.3967
Características
Altitude210 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións58,36 (altura) m
interior: 9,522 (diámetro) m
Base: 14,852 (diámetro) m
Material usadomármore
pedra Editar o valor en Wikidata
Superficieexposición: 500 m² Editar o valor en Wikidata
Ben cultural de Italia
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Historia
Data de creación ou fundación1173 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
9 de agosto de 1173-1372construción
1178-1272construction interrupted (en) Traducir
1278-1360construction interrupted (en) Traducir
1838-1839construciónQ95979981 Traducir
1993 installation (en) Traducir
1995 installation (en) Traducir
1999-xuño de 2001escavar
2002 installation (en) Traducir
1933-1935Renovación
14 de agosto de 1846 1846 Orciano Pisano earthquake (en) Traducir
7 de setembro de 1920 1920 Garfagnana earthquake (en) Traducir
1589 Galileo's Leaning Tower of Pisa experiment (en) Traducir
7 de xaneiro de 1990-15 de decembro de 2001closure (en) Traducir
7 de setembro de 1995 Congelamento de solo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Plantacilindro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais3.200.000 (2017) Editar o valor en Wikidata
PropietarioOpera della Primaziale Pisana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webopapisa.it Editar o valor en Wikidata

A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical. A torre ten 8 andares, unha base de arcos cegos con 15 columnas, 6 niveis cunha columnata externa e remata nun campanario. A escaleira interna en espiral ten 294 chanzos.

O goberno de Italia solicitou axuda o 27 de febreiro de 1964 para previr o seu derrube, e o 7 de xaneiro de 1990 foi pechada ao público como medida de seguridade. Recentemente foi realizado un traballo de reconstrución para tratar de reducir o ángulo de inclinación. Volveuse a permitir a entrada ao público o 16 de xuño do 2001, logo da finalización de dez anos de traballo.

A construción da Torre de Pisa desenvolveuse en tres etapas durante un período de 200 anos. A construción do primeiro andar de mármore comezou o 9 de agosto de 1173,[1] nun período de éxito militar e prosperidade. A primeira planta está rodeada de alicerces con capiteis clásicos e arcos cegos.

Existe controversia sobre a identidade do arquitecto: durante moitos anos o deseño atribuíuse a Guglielmo e Bonanno Pisano, un artista coñecido residente en Pisa no século XII, famoso polas súas pezas de bronce fundido, particularmente no Pisa Duomo. Bonanno Pisano deixou Pisa en 1185 e marchou a Monreale, Sicilia, regresando só tras a súa morte. O seu sarcófago foi descuberto ao pé da torre en 1820.

Despois que a terceira planta foi construída en 1178, a torre inclinouse cara ao norte, debido a uns cimentos débiles (tres metros), nun subsolo inestable. O deseño desta torre era imperfecto desde o seu comezo e a súa construción cesou durante un século, debido ás guerras entre os pisanos e os estados veciños. Este lapso de tempo permitiu ao chan asentarse, doutro xeito a torre colapsaría.

En 1272 a construción foi retomada por Giovanni dei Simone, arquitecto autor do camposanto. Engadíronse entón catro novas plantas as que foron construídas con certo ángulo con obxecto de contrarrestar a inclinación. A construción detívose novamente en 1284 tras a derrota de Pisa por parte dos xenoveses na batalla de Meloria.

Só en 1372 Tommasso dei Andrea Pisano construíu a última planta (o campanario) e as campás foron instaladas. Considérase que a súa intervención combina armónicamente os elementos góticos do campanario co estilo románico da torre. As campás son sete, correspondendo cada unha a unha nota da escala musical; a maior delas foi instalada en 1655. Con todo, tras a conclusión do campanario, a torre empezou a inclinarse, esta vez cara ao sur.

Dise que Galileo Galilei deixou caer dúas bólas de canón de diferente masa desde a torre para demostrar que a velocidade de descenso era independente da masa. A historia, aínda que descrita por un estudante do propio Galileo, considérase un mito.

Poucos anos logo de finalizada a torre o dano na súa estrutura fíxose manifesto e moitos dos elementos de pedra orixinais realizados en mármore de San Giuliano foron substituídos, cambiándose por mármore branco de Carrara.

En 1838 o arquitecto Alessandro Della Gherardesca escavou un camiño ao redor da torre para facer visible a base. Isto causou unha inundación da base e de novo un incremento da súa inclinación.

En 1934 Benito Mussolini ordenou colocar a torre en posición vertical, polo que se verteu cemento na súa base, para evitar filtracións. O resultado foi inesperado, a torre afundiuse aínda máis na terra reblandecida.

Durante a segunda guerra mundial a armada dos Estados Unidos destruíu todas as torres próximas en Pisa debido á ameaza que supuñan os francotiradores desde esas posicións. Programouse a voadura da torre inclinada, pero unha orde de retirada no último instante salvouna da destrución.

O 27 de febreiro de 1964, o goberno de Italia pediu axuda para previr a caída da torre. Un conxunto de enxeñeiros, matemáticos e historiadores asignouse ao proxecto e debateron sobre os métodos de estabilización nas Illas Azores. Tras dúas décadas de traballo, a torre foi pechada ao público en xaneiro de 1990.

Logo dunha década de esforzos de reconstrución e estabilización, a torre foi reaberta ao público o 15 de decembro de 2001. Moitos métodos propuxéronse para estabilizar a torre, incluíndo engadir 800 toneladas métricas de chumbo de contrapeso. A solución final para corrixir a inclinación foi eliminar 38 m³ de terra da zona inferior á base. A torre foi declarada estable para polo menos outros 300 anos.

Información técnica

[editar | editar a fonte]
Vista cara ao ceo
  • Latitude: 53,723056 (43° 43' 23" N)
  • Lonxitude: 20,396389 (10° 23' 47" E)
  • Elevación da Piazza dei Miracoli: 8 metros (24 pés).
  • Altura: 110,863 metros (185 pés). 16 plantas
  • Diámetro externo da base: 15,484 metros
  • Diámetro interno da base: 14,736 metros.
  • Peso: 29.400 toneladas métricas
  • Grosor das paredes na base: 6 metros (24 pés)
  • Dirección da inclinación: 1272-1997 Norte, 1173-1250 Sur.
  • Número total de campás: 70, acorde coa escala musical cada 10
  • Campá máis grande: Lle Macurto (O Macurino). Sete toneladas realizada en 1655
  • Campá máis antiga: Dato pendente
  • Número de chanzos: 700.
  1. Potts, David M.; Zdravkovic, Lidija; Zdravković, Lidija (2001). Thomas Telford, ed. Finite Element Analysis in Geotechnical Engineering: Application (en inglés). p. 254. ISBN 9780727727831. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]