Tilos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTilos
Imaxe

Localización
Mapa
 36°26′N 27°22′L / 36.43, 27.37Coordenadas: 36°26′N 27°22′L / 36.43, 27.37
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of the Aegean (en) Traducir
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasRodes (pt) Traducir
ConcelloTilos Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación780 (2011) Editar o valor em Wikidata (12,69 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie61,487 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal850 02 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Sitio webtilos.gr Editar o valor em Wikidata

Tilos (grego: Τήλος)); forma antiga: Telos) é unha pequena illa grega e un municipio situado no Mar Exeo. Forma parte do gurpo de illas do Dodecaneso, e atópase a medio camiño entre Kos e Rodas. Ten unha poboación de 533 habitantes (censo 2001). Xunto cos illotes deshabitados de Antitilos e Gaidaros, constitúen o Municipio de Tilos, que ten unha superficie total de 64´525 km².

Popularmente, Telos era o fillo de Helios e Halia, a irmá da Telquines. Chegou á illa en busca de herbas para curar á súa nai enferma, e máis tarde volveu para fundar un templo a Apolo e Neptuno. Con todo, Telos (Teo ou Tilo) non aparece na mitoloxía grega e o nome probablemente ten un descoñecido orixe pre-helénico. Plinio o Vello sinala que Telos na antigüidade era coñecida como Agathussa (Αγαθούσσα) (tamén Agathusa e Agathousa). Na Idade Media, era coñecido polo nome Italiano de Piscopi ou Episcopi (tamén Pisconia). A illa tamén foi chamada turco:İlyaki.

Historia[editar | editar a fonte]

Neolítico[editar | editar a fonte]

Cerámica e ferramentas de pedra descubertas en Kharkhadió indican actividade humana en Tilos no período neolítico cedo 8000 aC - 7000 aC, xunto cos restos de ósos dun elefante anano (1´20-1´60 m de altura), que a datación de radiocarbono sitúa no 7000 - 4000 a.C.. Masseti (2001) suxire a coexistencia destes animais cos seres humanos.

Idade de Bronce Exea[editar | editar a fonte]

A escavación identificou pelasgos de cachotería, que suxiren qe Tilos foi sucesivamente dominada por minoicos, micénicos e dorios.

Antigüidade clásica[editar | editar a fonte]

  • A illa floreceu durante a época clásica, acuñou a súa propia moeda e foi famosa polas súas roupas e perfumes.
  • Telos reclama que a poeta Erina (dise que amiga de Safo) naceu na illa ao redor do 350 antes de Cristo. Charles Anthon (1853) descríbea así: "Erina (Ήριννα) amiga e contemporánea de Safo (ao redor de 612 AC) morreu aos 19, deixou os seus poemas que se consideran dignos de comparar aos de Homero. Os seus poemas eran da clase épica, o principal deles titulase Ήλακάτη, "A roca", que constaba de tres centos de liñas, dos cales só quedan catro. Foi escrito nun dialecto que é unha mestura de estilo dórico e eólico, e que se falaba en Rodas ou na illa adxacente de Telos, onde naceu Erina. Tamén é chamada lesbiana e unha Mitilene, en razón da súa residencia en Lesbos con Safo. Hai varios epigramas a Erina, no seu encomio, e lamentando a súa morte prematura. Tres epigramas da Antoloxía grega atribúense a ela, dos cales o primeiro ten o aire auténtico da antigüidade, pero os outros dous, adicados a Baucis, parecen ser unha invención posterior. "
  • No século 7 a. C., colonos de Tilos e Lindos estableceronse en Sicilia e fundaron a cidade de Gelas.
  • Heródoto (484 a. C. - c. 425 aC) describiu os séculos anteriores a el como a idade de ouro de Tilos.
  • No século 5 antes de Cristo, Tilos foi membro da Primeira Liga de Delos e mantivo a súa independencia ata o final da Guerra do Peloponeso.
  • Desde o século 4 a. C., e durante 200 anos, Tilos estivo baixo o Imperio Seléucida, o Cario e o Exipto Tolemaico baixo a influencia de Rodas, ata que no 200 a. C., a illa incorporouse á Confederación de Rodas.
  • A illa foi conquistada por Roma no ano 42 a.C. Os achados arqueolóxicos de Roma e principios da época cristiá demostran a prosperidade da illa ata o gran terremoto do 551 dC.

Bizancio[editar | editar a fonte]

Tilos seguiu a Rodas no Imperio bizantino tras a morte de Teodosio I e foi membro da Tema naval de Samos, entre os séculos 9 e 14.

Cruzados[editar | editar a fonte]

A Orde de Malta tomou o control de Tilos en 1309, restauraron os castelos bizantinos, e crearon outros novos co fin de defenderse das incursións piratas. Foron evacuados en 1470 cando os otománs comezaron o Sitio de Rodas e o control pasou a Suleiman I en 1522, cando caeu Rodas.

Otománs[editar | editar a fonte]

En 1523, Tilos foi ocupada polo Imperio Otomán e a illa foi posta baixo a administración e o réxime fiscal coñecido como "maktou". Piratas cristiáns, baixo o pretexto da vinganza contra os turcos, saquearon a illa constantemente.

Século 20[editar | editar a fonte]

A dominación otomá durou ata 1912, cando a illa foi cedida a Italia. En 1943, foi invadida por tropas alemás e en 1948, Tilos uniuse a Grecia, do mesmo xeito que todas as illas do Dodecaneso. Desde 1948, a poboación da illa diminuíu rapidamente, moitos tiliáns emigraron á Estados Unidos ou Australia.

En xuño de 2008, Anastassios Aliferis, alcalde socialista da illa realizou o primeiro matrimonio homosexual en Grecia, citando un baleiro legal e desafiando a reclamación de ilegalidade dun fiscal grego.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da aldea Livadhia na illa de Tilos

Tilos ten forma de 'S' invertida, e ao redor de 14´5 km de longo, de noroeste a sueste, cunha anchura máxima de 8 km e unha área de ao redor de 61 km². A illa ten unha montaña de pedra calcaria no interior, terras baixas volcánicas, pedra pómez e camas de area de lava vermella. Esta ben abastecida por mananciais, e é potencialmente moi fértil e produtiva. As súas costas son xeralmente rochosas ou de grava, pero tamén hai unha serie de praias de area.

Castelos[editar | editar a fonte]

Os Kástros (castelos) que protexeron aos habitantes da illa das incursións piratas desde a idade escura foron.

  • Megalo Chorio
  • Mesariá
  • Mikro Chorio
  • Agrosikiá
  • Stavrou Lambrou

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]