O tiburón touro[1] ou tiburón ollo de touro[2] (Carcharhinus leucas) é unha especie de tiburón da familia dos carcarrínidos que habita polo xeral en augas mornas e superficiais ao longo de costas e en ríos. É coñecido pola súa natureza agresiva e a súa presenza en augas salobres superficiais e augas doces, onde se inclúen estuarios e ríos.
Os tiburóns touro pode vivir en augas salgadas e doces e poden adentrarse grandes distancias nos ríos do interior. Sábese de exemplares que percorreron o río Mississippi até a altura de Alton, Illinois,[3] a uns 1100km do océano. Porén, case non se teñen rexistrado interaccións entre humanos e tiburóns en augas doces. Os tiburóns touro de gran tamaño son responsables da maioría dos ataques de tiburón preto da costa, incluíndo moitas trabadas atribuídas a outras especies.[4]
Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.