Theropithecus gelada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Theropithecus gelada

Gelada macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Catarrhini
Familia: Cercopithecidae
Subfamilia: Cercopithecinae
Tribo: Papionini
Xénero: Theropithecus
Especie: T. gelada
Nome binomial
Theropithecus gelada
Rüppell, 1835
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.
Subspecies
Véxase o texto

O Theropithecus gelada é unha especie de primate catarrino da familia dos cercopitécidos endémica das terras altas de Etiopía. Pesan entre 13 e 20 quilogramos, e do mesmo xeito que os babuínos, son terrestres e pasan o tempo alimentándose nas pradarías.

Algúns autores inclúen a especie dentro do xénero Papio, mais dende 1979 está clasificado noutro xénero separado, Theropithecus. Theropithecus gelada é a única especie vivente, aínda que se coñecen polo menos outras dúas liñaxes separados no rexistro fósil. Malia que a especie está restrinxida hoxe a Etiopía, coñécense fósiles do xénero procedentes de Suráfrica, Malaui, a República Democrática do Congo, Tanzania, Uganda, Kenya, Etiopía, Alxeria, Marrocos, España e a India.

Pode distinguirse dos babuínos pola pel de vivas cores no seu peito. A mancha está pouco definida e, nos machos, está tinguida de vermello e rodeada de pelo branco. Nas femias, a mancha está bastante menos pronunciada. Porén, cando vai calor, a mancha das femias tórnase brillante e salpicada de bochas. Este proceso é semellante á inchazón das nádegas durante o estro, algo común nos babuínos.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Describíronse as seguintes subespecies:[2][3]

  • T. g. gelada (Rüppell, 1835)
  • T. g. obscurus (Heuglin, 1863)

Notas[editar | editar a fonte]