Theo van Gogh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTheo van Gogh

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Theodorus van Gogh Editar o valor em Wikidata
1 de maio de 1857 Editar o valor em Wikidata
Zundert, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1891 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Utrecht, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSífilis Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAuvers-Sur-Oise Communal Cemetery (en) Traducir (1914–)
tomb of Vincent and Theo van Gogh (en) Traducir (1914–)
Utrecht (Soestbergen) General Cemetery (en) Traducir (1891–1914) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmarchante de arte , pintor , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJohanna Bonger (1889–1891)
FillosVincent Willem van Gogh Editar o valor em Wikidata
PaisTheodorus van Gogh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna Cornelia van Gogh-Carbentus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWil van Gogh (pt) Traducir, Vincent van Gogh, Cor van Gogh, Elisabeth van Gogh e Anna Cornelia van Houten-van Gogh (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Van_Gogh-79 Find a Grave: 33580782 Editar o valor em Wikidata

Theodore "Theo" van Gogh, nado en Zundert o 1 de maio de 1857 e finado en Utrecht o 25 de xaneiro de 1891 foi un exitoso comerciante de arte neerlandés. Era o irmán máis novo do pintor Vincent van Gogh, e quen lle deu o apoio económico que lle permitiu dedicarse exclusivamente á pintura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Theodorus van Gogh naceu o 1 de maio de 1857 na aldea de Zundert, na provincia de Brabante, Holanda. Era fillo de Theodorus van Gogh (padre) e Anna Cornelia Carbentus. Mentres o seu irmán maior Vincent traballaba na Haia cos comerciantes de arte Goupil & Cie, Theo uniuse á oficina de Bruxelas da mesma empresa. Despois do traslado de Vincent á oficina de Londres, Theo regresou á Haia, onde se dedicou ao comercio de artes plásticas con grande éxito. Durante o inverno de 1880-1881, Theo foi trasladado á sede da firma en París, e desde alí puxo todos os medios necesarios para que o seu irmán puidese seguir exercendo a súa arte.

Theo foi fundamental na popularidade de artistas impresionistas como Claude Monet e Edgar Degas, convencendo aos seus mecenas, Goupil e Cie, de que expoñan e comprasen a súa obra. Por razóns éticas, nunca fixo o mesmo co do seu irmán. O escultor Antoine Bourdelle traballou para Theo durante anos, desde que deixou a Ecole des Beaux-Arts en 1886.

Con Claude Monet tamén tivo unha estreita relación. En competición co comerciante Durand-Ruel, que atravesaba tempos difíciles, e con Georges Petit, Theo conseguiu gañar unha parte nada desprezable do mercado das obras de arte impresionistas, que comezaba a ser apreciado. A última exposición colectiva dos impresionistas tivo lugar en 1886, e a partir do ano seguinte Theo comprou regularmente obras a Monet. En 1888, expuxo obras de Monet en Antibes na entreplanta da galería. Polas mans de Theo pasarán setenta obras de Monet. Esta estratexia de venda que destaca a un só artista foi cada vez máis utilizada polos comerciantes, xa que lles permitía diferenciarse dos Salóns oficiais, que eran cada vez máis unha especie de "grandes bazares" onde se amoreaban miles de obras.

En 1886 pediulle a Vincent que viñese a vivir con el, e en marzo dese ano alugou unha casa en Montmartre. Theo fixo que Vincent coñecese a Paul Gauguin, Paul Cézanne, Henri de Toulouse-Lautrec, Henri Rousseau, Camille Pissarro e Georges Seurat, e en 1888 convenceu a Gauguin para que visitara a Vincent, que se mudara a Arlés.

En París, Theo coñeceu a Andries Bonger e á súa irmá Johanna, con quen casou en Ámsterdam o 17 de abril de 1889. A parella vivía en París, onde naceu o seu fillo Vincent Willem o 31 de xaneiro de 1890. O 8 de xuño do mesmo ano A familia visitou a Vincent, que vivía preto de París en Auvers-sur-Oise. Goupil & Cie comezaba a ter dificultades económicas e Theo sentiu que era o momento de ir pola súa conta, ao que o animara Vincent.

O exceso de traballo e o suicidio do seu irmán, xunto coa súa mala saúde, provocoulle un colapso mental en outubro de 1890. A súa familia ingresou nun hospital de Utrecht, onde morreu de sífilis aos 33 anos de idade. o 25 de xaneiro de 1891. seis meses despois de Vicent. Foi enterrado xunto ao seu irmán no cemiterio de Auvers-sur-Oise.

Cartas a Theo[editar | editar a fonte]

As case oitocentas cartas que Vincent escribiu a Theo (publicadas en 1911, traducidas ao francés en 1960) constitúen un testemuño único da vida do artista. A última compilación e tradución ao castelán foi realizada por Antonio Rabinad

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hulsker, Jan (1990). Vincent and Theo van Gogh: A Dual Biography. Ed. Fuller Publications. ISBN 0-940537-05-2. 
  • Vincent Van Gogh (2004). Cartas a Theo. Ed. Paidos Ibérica Ediciones. ISBN 84-493-1562-X. 
  • Stolwijk, Chris e Thomson, Richard (2000). Theo van Gogh 1857–1891: Art dealer, collector and brother of Vincent. Ed. Waanders B. V. ISBN 90-400-9363-6. 
  • Rewald, John (xaneiro de 1973 - febreiro). "Theo van Gogh, Goupil, and the Impressionists". Gazette des Beaux-Arts: pp. 1–107. 
  • Arnold, Matthias (1993). Vincent van Gogh: Biographie. Ed. Kindler. ISBN 3-463-40205-X.