Teresa Forcades
Teresa Forcades | |
---|---|
![]() Teresa Forcades i Vila | |
Nome completo | Teresa Forcades i Vila |
Nacemento | 10 de maio de 1966 (56 anos) |
Lugar de nacemento | Barcelona ![]() |
Nacionalidade | catalá |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Barcelona, Universidade de Cambridge, Universidade Harvard e Harvard Divinity School |
Ocupación | Medicina, Teóloga e monxa beneditina |
Coñecida por | pola súa posión sobre o feminismo e sobre o movemento independista catalán.[1] |
Premios | 100 Mulleres da BBC |
Na rede | |
http://www.teresaforcades.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teresa Forcades i Vila, nada en Barcelona o 10 de maio de 1966, é unha médica, teóloga e monxa beneditina catalá. É coñecida pola súa posición feminista e as súas opinións críticas coa actuación das multinacionais farmacéuticas.[2]
É unha das promotoras, xunto con Arcadi Oliveres, do movemento independentista Procés Constituent a Catalunya.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Teresa Forcades naceu na Vila de Gràcia, no seo dunha familia con raíces en Tarragona e Solsona. É licenciada en Medicina pola Universidade de Barcelona en 1990. En 1992 trasladouse ós Estados Unidos onde completou a residencia en medicina e conseguiu o título de especialista en Medicina interna en 1995. Tras obter unha bolsa da Universidade Harvard coa axuda de E. Schußler Fiorenza, trasladouse a Cambridge. Alí graduouse como máster Divinitas cunha tese sobre as implicacións filosóficas e os retos do diálogo multicultural, en relación ás teorías de C. Taylor e H.G. Gadamer (1997).[3]
Dende 1997, ano no que entrou no mosteiro beneditino de Sant Benet (Barcelona), combinou as súas tarefas monásticas co estudo da medicina e a teoloxía: obtivo o doutoramento en Saúde Pública na Universidade de Barcelona coa súa análise dos retos e das oportunidades asociados á introdución das chamadas medicinas alternativas no currículo das facultades de medicina (2004). En 2005 tamén obtivo a licenciatura en teoloxía fundamental, cunha tese sobre a Trindade e a noción de liberdade persoal en G. Greshake e I. Zizioulas (2005).[4]
Teoloxía feminista[editar | editar a fonte]
En 2007 Teresa Forcades publicou o libro La teologia feminista en la història, no que sitúa a teoloxía feminista no marco das teoloxías críticas ou da teoloxía da liberación, facendo unha revisión histórica das mulleres que ó longo da historia viviron a contraposición entre o discurso teolóxico sobre as mulleres e a experiencia de Deus de cada muller.
Ademais Teresa Forcades foi vicepresidenta da European Society of Women in theological Research(ESWTR) entre 2009-2011 e tesoureira de 2011 a 2013.[5]
Asemade, defende que as parellas homosexuais poidan adoptar e criar nenos. Partindo de que o modelo patriarcal predominante en Occidente fomenta os roles de xénero dende o nacemento, Forcades defende que a socialización en familias monoparentais e homosexuais non vai en detrimento do crecemento, posto que o único que afecta á persoa é a calidade do amor que se lle dá, cada persoa é un ser único cun carácter individual que lle deu Deus ou a natureza e que é independente do seu xénero.[6]
Gripe A[editar | editar a fonte]
En outubro de 2009, Teresa Forcades publicou un vídeo titulado Campanas por la gripe A no que denunciaba o que ó seu xuízo eran múltiples deficiencias na xestión da pandemia de Gripe A (H1N1) de 2009, criticando á OMS, a fiabilidade e a seguridade da vacina que sería distribuída masivamente, e ós laboratorios farmacéuticos encargados do seu desenvolvemento. O vídeo foi amplamente visualizado en diversos portais de Internet e comentado en varios medios de comunicación como unha postura que discordaba das posturas predominantes na comunidade científica, en base ás cales se tomaran importantes medidas gobernamentais.[7] e que avalaban a súa seguridade.[8]
Nas semanas seguintes o vídeo foi obxecto de crítica por parte das autoridades sanitarias e dalgúns medios de comunicación. Entre outros Pedro Alonso, investigador da vacina contra a malaria, quen declarou no xornal El País que era irresponsable dubidar da utilidade das vacinas tratándose dun dos maiores logros da historia da medicina.[9] Unha crónica posterior de El País chegou a dicir que o vídeo era un embuste.[10] Pouco despois, no mesmo diario e como resposta ás queixas recibidas, a defensora do lector criticou o tratamento que os autores desa crónica deron ó tema en canto a forma e contido, chegando a pór en dúbida a obxectividade desa crónica contra Forcades.[11]
Obra[editar | editar a fonte]
Libros[editar | editar a fonte]
- Valors femenins emergents (2003). (en catalán)
- La Trinitat, avui, Abadía de Montserrat, Barcelona
(2005). ISBN 84-8415-750-4. (en catalán)
- Los crímenes de las grandes compañías farmacéuticas, Cristianisme i Justícia, Barcelona (2006). ISBN 84-9730-138-2
- La teologia feminista en la historia Fragmenta Editorial, Barcelona (2007). ISBN 978-84-92416-07-3. (en castelán)
Artigos[editar | editar a fonte]
- "Die Herausforderung der kulturellen und religiösen Vielfalt in Europa[Ligazón morta]", Synodalia, Zwite Europäische Frauensynode Zusammen Vielfalt Leben, Bellaterra, 5. bis 10. Agosto de 2003 (en alemán).
- Schüssler Fiorenza, Elisabeth, Pero ella dijo : prácticas feministas de la interpretación bíblica (trad. Eva Juarros Daussá; pról. Teresa Forcades), Editorial Trotta, 1996. ISBN 84-8164-130-8
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 tv3.cat (10 de abril de 2013). "Teresa Forcades i Arcadi Oliveres entren en política" (video) (en catalán). Consultado o 11 de xaneiro do 2016.
- ↑ Teresa Forcades i Vila. cristianismeijusticia.net, ed. ""Los crímenes de las grandes compañías farmaceúticas"" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xaneiro do 2016.
- ↑ Páxina de Teresa Forcades i Vila, en www.benedictinescat.com
- ↑ "extraído desta páxina gobernamental que contén unha pequena biografía de Forcades". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2010.
- ↑ "Pasado". www.eswtr.org. Consultado o 2 de maio de 2019.
- ↑ www.diarioinformacion.com, ed. (13/11/2010). "La monja Forcades defiende que parejas homosexuales puedan tener hijos". Consultado o 26/01/2011. (en castelán)
- ↑ www.elmundo.es, ed. (07/10/2009). "Una benedictina contra la vacuna de la gripe A". Consultado o 19/11/2010. (en castelán)
- ↑ SAHUQUILLO, M.R. (05/01/2010). www.elpais.com, ed. ""Llevamos años preparándonos para una pandemia como ésta"". Consultado o 19/11/2010. (en castelán)
- ↑ FERRADO, M.L. (27/10/2009). www.elpais.com, ed. "Vacuna de la malaria para el 2011". Consultado o 19/11/2010. (en castelán)
- ↑ SAHUQUILLO, M.R.; BENITO, E. de (01/11/2009). www.elpais.com, ed. "Desmontando a la monja-bulo". Consultado o 19/11/2010. (en castelán)
- ↑ PÉREZ OLIVA, M. (08/11/2009). www.elpais.com, ed. "La monja y las teorías de la conspiración". Consultado o 19/11/2010. (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teresa Forcades ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sobre Teresa Forcades
- Sobre gripe A e os abusos da industria farmacéutica
- Campanas por la Gripe A, vídeo no que Teresa Forcades detalla datos que poñen en dúbida a virulencia da Gripe A.
- Excess in the pharmaceutical industry, Marcia Angell, CMAJ • decembro 7, 2004; 171 (12). doi:10.1503/cmaj.1041594
- La OMS anuncia una investigación ante las acusaciones de que exageró el riesgo de la gripe A, Emilio de Benito, Agencias -Madrid/Ginebra- 12/01/2010, El País
- Sobre teoría feminista