Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AEMPS»)
Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios
(AEMPS)
Logotipo da AEMPS
Información xeral
Formación 30 de decembro de 1997
Xurisdición España
Sede central Madrid
Director María Jesús Lamas Díaz
Sitio web
http://www.aemps.gob.es/

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), en castelán Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), é unha Axencia estatal de España que foi creada pola Lei 66/1997, de 30 de decembro, con rango de organismo autónomo até 2011 e a partir de entón como axencia estatal.[1]

Depende do Ministerio de Sanidade e as súas competencias foron ampliadas pola Lei 50/1998. Pola Lei 16/2003, de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde, determina que son competencias da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios a avaliación e autorización dos produtos sanitarios e cosméticos.

A Axencia Española do Medicamento está presidida por quen ostenta a Secretaría Xeral de Sanidade e Consumo. E a súa directora, desde do 20 de xullo de 2018, é María Jesús Lamas Díaz.[2][3]

Funcións[editar | editar a fonte]

As principais funcións da Axencia son:[4]

  • Conceder a autorización de comercialización dos medicamentos de uso humano fabricados industrialmente, e a revisión e adecuacións aos xa comercializados.
  • Participar na planificación e avaliación dos medicamentos de uso humano que se autoricen pola Unión Europea a través da Axencia Europea de Medicamentos (EMA).
  • Avaliar e autorizar os ensaios clínicos e os produtos en fase de investigación clínica.
  • Autorizar os laboratorios farmacéuticos de medicamentos de uso humano.
  • Desenvolver o sistema español de farmacovixilancia.
  • Controlar os medicamentos de competencia estatal.
  • Xestionar a Real Farmacopea Española.
  • As competencias relativas a estupefacientes e psicotrópicos que regulamentariamente se determinen.
  • Actividades de avaliación, rexistro, autorización, inspección, vixilancia e control de medicamentos de uso humano e veterinario e produtos sanitarios, cosméticos e de hixiene persoal.
  • Avaliación de conformidade de produtos sanitarios como Organismo Notificado número 0318 outorgando o marcado CE de conformidade segundo as directivas 93/42/EEC, 90/385/EEC e 98/79/EC.

Organigrama[editar | editar a fonte]

A estrutura da Axencia é:[5]

  • Presidencia da Axencia.
    • Vicepresidencia da Axencia.
      • Dirección.
        • Secretaría Xeral.
        • Departamento de Inspección e Control de Medicamentos.
        • Departamento de Medicamentos de Uso Humano.
        • Departamento de Medicamentos de Uso Veterinario.
        • Departamento de Produtos Sanitarios.
  • Consello Reitor.
    • Comisión de Control.
  • Comités de expertos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Real Decreto 1275/2011, de 16 de septiembre, por el que se crea la Agencia estatal «Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios» y se aprueba su Estatuto" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 229, de 23 de setembro de 2011: 100613–100652. ISSN 0212-033X. 
  2. María Jesús Lamas, nueva directora de la Agencia Española del Medicamento, Faro de Vigo, 20/07/2018.
  3. María Jesús Lamas promete «trabajar duro» en la agencia del medicamento. La Voz de Galicia, 21/07/2108.
  4. Qué es y cómo funciona la Agencia
  5. "Estructura AEMPS". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]