Saltar ao contido

Bardenas Reales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBardenas Reales
Imaxe
Tipoparque natural
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaVal do Ebro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNavarra, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°11′N 1°30′O / 42.19, -1.5
Comparte fronteira conVillafranca
Caparroso
Murillo el Cuende
Mélida
Santacara
Carcastillo
Sádaba
Ejea de los Caballeros
Tauste
Buñuel
Fustiñana
Cabanillas
Tudela
Arguedas
Valtierra
Cadreita Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude650 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoQ66314603 Traducir Editar o valor en Wikidata  (650 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie41.444,06609 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: unesco.org… Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 151237 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1999 Editar o valor en Wikidata

Páxina webbardenasreales.es Editar o valor en Wikidata

As Bardenas Reales de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra (España). Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.

As Bardenas carecen de núcleos urbanos, a súa vexetación é moi escasa e as múltiples correntes de auga que sucan o territorio teñen un caudal marcadamente irregular, permanecendo secos a maior parte do ano. A altitude oscila entre os 280 e os 659 msnm. As Bardenas sitúanse nun punto equidistante entre a cordilleira pirenaica e a ibérica. As Bardenas Reales, antiga posesión real, non forman parte de ningún termo municipal e son propiedade da Comunidade Foral de Navarra. Vinte e dous municipios e entidades (os «congozantes») forman a Comunidade de Bardenas Reales, unha entidade de Dereito Público encargada do aproveitamento da paraxe.

Na actualidade, a maior parte das Bardenas Reales encóntranse protexidas dende o ano 1999 mediante a figura dun parque natural de 39.274 ha. Anteriormente, en 1986, dúas paraxes das Bardenas, o Rincón del Bú e as Caídas de la Negra, foran declaradas reservas naturais. Dende o 7 de novembro de 2000 o conxunto foi declarado Reserva da Biosfera.

Descrición do parque

[editar | editar a fonte]

Este parque natural tamén contén no seu interior unha reserva da biosfera, feita oficial no ano 2000. As paisaxes son de tipo desértico e estepario dando lugar a formacións xeolóxicas de grande interese.

Preto do parque, mais fóra dos seus límites oficiais, o río Ebro presenta boas forestas de ribeira. Para conservalas declaráronse varias figuras de protección: dúas reservas naturais, Soto de la Remonta de 44 ha e o Soto del Ramalete de 50 ha, e dous enclaves naturais, Sotos de Traslapuente de 26ha e Sotos de Murillo de las Limas de 93 ha. Nestas zonas a presenza de aves limícolas e acuáticas é salientábel.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

A vexetación máis importante está representada polas gramíneas (coma o Lygeum spartum) e o sotobosque de tipo leñoso, coma por exemplo a Herba alba, Salsola vermiculata e Ononis tridentata.

As aves son o grupo de fauna de maior relevancia. Existen bos exemplos de aves esteparias: ganga, cortizol común, calandra real e a laverca E de aves rapaces coma o voitre branco, voitre leonado, a gatafornela e a aguia real.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]