Syra Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Syra Alonso
A modelo, 1927. Un dos moitos retratos que Francisco Miguel fixo de Syra Alonso.jpg
Un dos moitos retratos que Francisco Miguel lle fixo.
Nome completo Syra María Alonso Brufau
Nacemento 1899
Lugar A Coruña
Falecemento 1970
Lugar México
Nacionalidade española
Ocupación escritor
Cónxuxe Francisco Miguel
Fillos Francisco Alberto, Juan Ramón e Sandro [1]
editar datos en Wikidata ]

Syra María Alonso Brufau, nada na Coruña en 1899 e finada en México en 1970, foi unha escritora galega, muller do pintor Francisco Miguel, co que tivo tes fillos.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procede dunha familia da burguesía comercial coruñesa. A súa vida emparéllase coa do artista Francisco Miguel, co que casa en 1920.[1] Despois viaxaron a Montparnasse, París (1923), e Cuba, ate deterse en 1926 nun México eufórico no que destaca a convivencia con David Alfaro Siqueiros e a poeta Blanca Luz Brum que marca as súas vidas. Durante a súa estadía en México coñeceu ao cineasta Sergei Eisenstein, que se apaixona por ela. Syra ten tres fillos e Francisco Miguel retrátaa unha morea de veces no amplo álbum de debuxos nos que se adiviña a súa imaxe. O 10 de novembro de 1933 a parella embarcou cos seus cativos no vapor Cristóbal Colón para regresar a Galicia. Establecen a súa residencia no Porto de Santa Cruz (Oleiros), na que Syra chama a Casa da Felicidade, nome que sería lembrado despois por ela con nostalxia.

"Casa da Felicidade", residencia de Francisco Miguel e Syra en Coruxo de Abaixo[3]

O 3 de agosto de 1936 a Garda Civil detén a Francisco Miguel acusado de actuar contra o réxime militar golpista, sendo fusilado o 28 de setembro. Dous anos despois, Syra comezou a escribir un diario no que recolleu o período de agochamento en Galicia ata que conseguiu saír cos seus fillos de novo para México en 1942, vía Lisboa. Despois de vivir en Actopán, residiu en distintos domicilios de Cidade de México e Cuernavaca. Os últimos anos pasounos en México D.F., ata a súa morte producida por un cancro de ósos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Debuxo de Syra a liña, dos moitos que Francisco Miguel elaborou. 
Syra e Francisco Miguel en 1934
Syra, Francisco Miguel e os seus tres fillos. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]