Symphurus nigrescens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Symphurus nigrescens
Lingua escura
Symphurus nigrescens.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Subfamilia: Symphurinae
Xénero: Symphurus
Especie: S. nigrescens
Nome binomial
Symphurus nigrescens
Rafinesque, 1810 [1]

Symphurus nigrescens é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos sinfurinos, coñecida en galego como lingua escura.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.[1]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, esta especie foi coñecida, ademais de polo nome orixinario que lle outorgou Rafinesque, e que é o actualmente válido, polos seguintes sinónimos:[1]

  • Ammopleurops lacteus (Bonaparte, 1833)
  • Plagusia lactea Bonaparte, 1833

Características[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas da especie son:[3][4]

  • Corpo ovalado, deprimido, de até os 12 cm como máximo.
  • Este corpo, como en todos os peixes planos, é asimétrico, cos ollos situados nun só lado, o lado ocular ou pigmentado (que, neste caso, como en todos os Symphurus é o esquerdo), mentres que o outro lado é despigmentado (lado cego).
  • Os ollos son pequenos e están moi próximos un do outro.
  • O corpo é bastante ancho na parte central, pero rapidamente vaise estreitando cara á parte posterior.
  • As aletas dorsal e anal están fusionadas coa caudal, como entoas as especies do xénero.
  • Así mesmo, como as aletas pectorais están ausentes, o mesmo que a liña lateral.
  • A aleta dorsal ten un máximo de 90 raios.
  • As escamas son pequenas e caen facilmente.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat

É unha especie mariña, bentónica, demersal, que vive en fondos areosos e lamacentos da plataforma e o talude continentais de entre os 20 aos 1140 m de profundidade (aínda que non adoita superar os 300 m, nin remontarse a más de 50 m de profundidade.[3][4]

Distribución

Habita en augas tropicaise subtropicais do océano Atlántico oriental, desde os 45° N aos 17°S, e dos 32 °W aos 36° E, desde Galicia e Portugal até Angola, incluíndo as illas Azores, Santa Helena e da Ascensión,[4] e no mar Mediterráneo, onde non è moi común.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Nutrición

Aliméntase dunha ampla gama de invertebrados bentónicos.[3]

Reprodución

A freza ten lugar en primavera e o verán, entre os meses de abril e agosto.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

A lingua escura é un peixe comestíbel e, aínda que de escaso valor económico, péscase nas zonas onte habita.[2]

En Galicia[editar | editar a fonte]

A presenza da especie foi citada en 1983 por A. C. Fariña e outros en fondos da plataforma continental inferiores aos 200 m, desde Fisterra até a Estaca de Bares, no traballo "Peces de los fondos de arrastre de la plataforma continental de Galicia". II Jornadas de Ictiología Ibérica, Barcelona, 23-28 de maio de 1983.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Symphurus nigrescens Rafinesque, 1810 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 318-319.
  4. 4,0 4,1 4,2 Symphurus nigrescens Rafinesque, 1810 en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, Paris; e UNESCO, Paris. Vol. 2. pp. 1050-1054.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]