Stenodus
Stenodus | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Stenodus nelma, pescado no curso medio do río Obi | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Stenodus é un xénero de peixes osteíctios da familia dos salmónidos, un dos tres comprendidos na subfamilia dos coregoninos.[1][2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1836 polo explorador, médico cirurxián, militar e naturalista escocés John Richardson,[1][2][3] e publicado en: Richardson. J. "Fishes". En Back, G. Narrative of the Arctic land expedition to the mouth of the Great Fish River, and along the shores of the Arctic Ocean in the years 1833, 1834, and 1835. Londres. 1-663.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Stenodus está formado pola unión dos elementos do latín científico sten- e -odus, tirados do grego antigo στενός stenós, "estreito", e ὀδούς, odoús, "dente", respectivamente.[4] Literalmente, "os de dentes estreitos".
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Luciotrutta Günther, 1866
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende tan só dúas especies:[1][2][3]
- Stenodus leucichthys (Güldenstädt, 1772) - Extinto na natureza, pero aínda presente en catividade.[5]
- Stenodus nelma (Pallas, 1773) - Que vive nos ríos da conca ártica.
Nota etimolóxica
[editar | editar a fonte]Até datas recentes considerábase un xénero monoespecífico con dúas subespecies, pero recentemente considéranse as dúas especies citadas.[6]
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes dulciacuícolas que habitan en ríos que desembocan no océano Ártico e en ríos tributarios do mar Caspio.[7]
Anatomica e xeneticamente son silimares aos outros corégonos, pero de corpo máis esvelto.[8][9]
As especies do xénero Stenodus distínguese dos outros corégonos polo seu moito maior tamaño e a súa morfoloxía, especializada na depredación.[10][11]
Relacións co home
[editar | editar a fonte]Son especies de escasa pesca comercial, pero que presentan un gran potencial para o seu potencial cultivo en acuicultura, e teñen un grande interese na pesca deportiva.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Stenodus Richardson, 1836 no WoRMS. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Stenodus Richardson, 1836 no GBIF. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Stenodus Richardson, 1836 na BioLib. Consultada o 14 de marzo de 2022.
- ↑ Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
- ↑ Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Stenodus leucichthys na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 14 de marzo de 2022.
- ↑ Froese & Pauly 2013.
- ↑ Nelson 2006.
- ↑ Booke, H. E. (1975): "Cytotaxonomy of the salmonid fish Stenodon leucichthys". J. Fish. Res. Board Can. 32: 295-296.
- ↑ Evermann, B. W. & E. L. Goldsborough (1907): "The fishes of Alaska". Bull. U.S. Bur. Fish. 26 : 219-360.
- ↑ Bernatchez, L., Colombani, F. & Dodson, J. J. (1991): "Phylogenetic relationships among the subfamily Coregoninae as revealed by mitochondrial DNA restriction analysis". Journal of Fish Biology. Wiley-Blackwell Publishing 39: 283–290.
- ↑ Campbell, M. A., Buser, T. J., Alfaro, M. E. & López, J. A. (2020): "Addressing incomplete lineage sorting and paralogy in the inference of uncertain salmonid phylogenetic relationships". PeerJ. 8: e9389.
- ↑ Teletchea, F.; A. Fostier, E. Kamler, J-N. Gardeur, P-Y. Le Bail, B. Jalabert & P. Fontaine (2009): "Comparative analysis of reproductive traits in 65 freshwater fish species: application to the domestication of new fish species". Rev. Fish Biol. 19: 403-430.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stenodus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Stenodus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, W. N., ed. (2014): Catalog of fishes: Genera, Species, References. California Academy of Sciences, department Ichtyology.
- Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2013): Epecies de Stenodus Arquivado 14 de marzo de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7, pp. 69–82.