Stenella attenuata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Stenella attenuata
Schlankdelfin.jpg

Comparación do tamaño co dun huumano
Comparación do tamaño co dun huumano

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Stenella
Especie: S. attenuata
Nome binomial
Stenella attenuata
Gray, 1846 [1]
Distribución de Stenella attenuata

Distribución de Stenella attenuata
Subespecies
  • Stenella attenuata attenuata
  • Stenella attenuata graffmani
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Delphinus dubius G. Cuvier, 1812
  • Stenella dubia G. Cuvier, 1812)
  • Steno attenuatus Gray, 1846

Stenella attenuata é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que vive en augas temperadas e tropicais de todos os mares e océanos do mundo.

Esta especie, antano moi abundante, viuse ameazada tras a morte de miles de exemplares atrapados en redes de pesca, o que provocou que durante a década dos anos 1980 a comunidade internacional presionnara para que se modificaran os métodos de pesca do atún, co favorábel resultado de que hoxe en día o estado da súa poboación é de pouco preocupante.[2]

Taxonomía e etimoloxía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez por John Edward Gray en 1846, e nela incluía tamén os espécimes de Stenella coeruleoalba, pero hoxe están diferenciadas as dúas especies que, aínda que moi semellantes, son diferentes.

Tanto o nome do xénero como o específico refírense á estreiteza do seu bico: Stenella é a forma feminmina a do diminutivo de Steno (nome doutra xénero da familia), que deriva do grego antigo στενός stenós, "estreito", e attenuata é a forma feminina de attenuatus, adxectivo que é o participio do verbo attenuare, "atenuar, adelgazar, dimunír, debilitar", sendo este un dos non pocos casos de nomes científicos redundantes, usando étimos gregos e latinos (recordemos, por exemplo, o caso do peixe espada, Xiphias gladius: do grego ξίφος xíphos, "espada", e o latín gladius, "espada".

Na especie recoñécense actualmente dúas subespecies:[1]

  • Stenella attenuata attenuata, forma oceánica propia do Pacífico oriental e das costas das illas Hawai.
  • Stenella attenuata graffmani forma costeira que se encontra desde México até Perú.

Características[editar | editar a fonte]

Presenta unha ampla gama de variación en canto a tamaño e coloración. En termos xerais ten o fociño longo e delgado. As partes superior e inferior de ambas as mandíbulas son de cor escura, separada por delgadas liña de cor branca. O mento, a garganta e o ventre son de cor de branca a gris pálida salferida por unha cantidade limitada de puntos. Os flancos están separados en tres bandas de cor —a máis clara na parte inferior—, seguida por unha delgada cinta gris no centro e un gris escuro detrás.

Os adultos miden ao redor de 2,5 m de longo e pesan uns 120 kg. A madurez sexual alcánzase aos 10 anos nas femias e aos 12 nos machos. A expectativa de vida ao nacer é de aproximadamente 40 anos.

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Encóntrase en todas as augas tropicais e subtropicais do mundo. O total da súa poboación estimada é de máis de tres millóns (é a segunda especie máis abundante de cetáceos despois do arroaz. Porén, isto representa unha diminución de polo menos 7 millóns desde a década de 1950.

Comportamento[editar | editar a fonte]

É unha especie moi activa, e os seus bandos vense desde bastante lonxe debido á escuma orixinada nos saltos. Nadadora rápida e enérxica, realiza saltos longos, ás veces moi alto, quedando supendida no aire antes de volver sa caer probocando unha gran salpicadura. Frecuentemente seguen as estelas dos barcos pero, nas zonas de pesca de atúns algúns individuos foxen dos barcos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Stenella attenuata (Gray, 1846)[Ligazón morta] en SIIT.
  2. Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K. A., Karkzmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B. asesores (2008): Lista vermella de especers ameazadas de UICN. Versión 1013.1.
  3. Carwardine, M. (1995), pp. 184-185.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]