Stefan Heidemann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStefan Heidemann
Biografía
Nacemento3 de abril de 1961
Versmold, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemán.
Educación Universidade Libre de Berlín
Coñecido porEstudos orientalistas.
Actividade
Campo de traballoOrientalismo e numismática.
Ocupaciónorientalista , profesor universitario , numismático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hamburgo
Universidade de Jena Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
2005: Premio Samir Shamma, da RNS.


Stefan Heidemann, nado en Versmold, Renania do Norte-Westfalia, o 3 de abril de 1961, é un historiador, orientalista e numismático alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1982 e 1991, Stefan Heidemann cursou estudos de Economía, Estudos Islámicos e Historia Moderna nas universidades de Ratisbona, Berlín, Damasco e O Cairo, e en 1993 acadou o seu doutoramento na Universidade Libre de Berlín cunha tese acerca do Califato de Aleppo.[1][2][3]

Entre 1994 e 2000 foi profesor axudante na Universidade de Jena, na que en 2001 accedeu á cualificación para a docencia. Nesta institución ocupou diversos postos entre 1994 e 2010, entre eles o de coordinador do Gabinete de Moeda Oriental de Jena,[2][3] fundado no século XIX nesa universidade.[1]

Posteriormente trasladouse aos Estados Unidos para exercer no curso 2010-2011 como profesor de Historia Islámica e de Cultura Artística e Material no Bard Graduate Center, en Nova York, ao tempo que traballaba como conservador asociado de Arte Islámica no Museo Metropolitano de Nova York.[1][2][3][4]

De volta a Europa, a partir de 2011 Heidemann pasou a ocupar a praza de profesor de Estudos Islámicos no Instituto de Asia e África da Universidade de Hamburgo,[2] traballo que compatibiliza con frecuentes viaxes a sitios arqueolóxicos, entre os que destacan a cidadela de Alepo, en Siria, e tamén outros diversos en Afganistán.[1][2]

Ao longo da súa traxectoria, Heidemann foi profesor visitante en distintas institucións académicas e bolseiro de investigación, como a American Numismatic Society (1993), a Universidade de Leipzig (2001-2003), o MIT (2007-2008) ou o Museo Fitzwilliam (2008).[2]

No ámbito editorial, Heidemann formou parte dos consellos editoriais dos xornais Der Islam e Studies in History and Culture of the Middle East. Ademais, é asesor de numismática do mundo musulmán na revista francesa Revue Numismatique.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables da traxectoria de Stefan Heidemann:[2][6][7][8]

  • (1994). Das Aleppiner Kalifat (A.D. 1261). Vom Untergang des Kalifates in Bagdad über Aleppo zu den Restaurationen in Kairo. Brill, Leiden 1994. ISBN 978-9004100312
  • (2000). Islamische Numismatik in Deutschland. Eine Bestandsaufnahme. Harrassowitz, Wiesbaden. ISBN 978-3447042697
  • (2000).Transregional and Regional Elites: Connecting the Early Islamic Empire (con H-I. Hagemann). De Gruyter. ISBN 978-3110666489
  • (2002). Die Renaissance Der Stadte in Nordsyrien Und Nordmesopotamien. Brill, Leiden. ISBN 978-9004122741
  • (2005). Sylloge Der Munzen Des Kaukasus Und Osteuropas. Orientalischen Munzkabinett Jena (con T. Mayer et al.). Harrassowitz. ISBN 978-3447048934
  • (2003). Die islamische Stadt (con A. Becker). Zabern, Maguncia. ISBN 9783805331531
  • (2017). Regional History and Coin Finds from Assur / Regionale Geshichte und Munzfunde aus Assur (con Kevin Butcher). Otto Harrassowitz, Wiesbaden. ISBN 978-3447107617
  • (2022). The Reach of Empire (con K. Mewes). De Gruyter. ISBN 978-3110678260

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Heidemann, Stefan". En Coins Weekly. 2 de maio de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Prof. Dr. Stefan Heidemann". Universität Hamburg.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Prof. Dr. phil. StefanHeidemann". Akademie der Wissenschaften und der Literatur Mainz.
  4. "Stefan Heidemann". En Coins Weekly. 12 de outubro de 2010.
  5. "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
  6. "Heidemann, Stefan 1961- Arquivado 19 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  7. "Heidemann, Stefan". WorldCat Identities.
  8. "Stefan Heidemann". Academia.edu

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]