Arianna d'Ottone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArianna d'Ottone
Biografía
Nacemento1977
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italiana.
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza
Coñecido porEstudos de moedas, papiros e manuscritos árabes.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo París
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnumismático , arabista Editar o valor em Wikidata
Premios
2018: Premio Samir Shamma, da RNS.


Arianna d'Ottone Rambach, nada en Roma en 1977, é unha numismática e historiadora italiana, experta en papiros, manuscritos e moedas árabes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arianna d'Ottone naceu en 1977 en Roma e entre 1996 e 2000 estudou Linguas e Civilización Orientais na Universidade La Sapienza, da súa cidade natal. En 2005 acadou, na mesma universidade, o seu doutoramento na área de Civilización Islámica: Historia e Filoloxía, cunha tese titulada "Manuscritos árabes do Iemen: unha investigación codicolóxica cuantitativa".[1][2]

En 2006 acadou o diploma de conservadora de manuscritos expedido pola Escola Especial para Arquiveiros e Bibliotecarios.[1][2]

O seu interese pola moeda árabe comezou en 2003, a partir da reapertura dos Museos Capitolinos de Roma, onde se encargou da catalogación das moedas árabes da colección Ludovico Stanzani, entre 2006 e 2008. Posteriormente cultivou os seus coñecementos nesta materia en Tubinga, da man de Lutz Lisch, no grupo de Investigación para a Numismática Islámica de Tubinga.[1]

En 2017 acadou a habilitación para a docencia na Universidade La Sapienza, de Roma, onde exerce como profesora asociada de Lingua e Literatura Árabes, no seo do Instituto de Estudos Italianos.[2][3]

No ámbito editorial, d'Ottone forma parte do consello de redacción das revistas Arabian Humanities e Islamic Archaeological Studies, e é membro do comité científico da revista numismática OMNI, entre outras publicacións.[2]

No ámbito asociativo, d'Ottone é membro, entre outras entidades, da Sociedade de Arqueólogos Medievais Italianos, da Sociedade Numismática Oriental e da Asociación Paleográfica Internacional, e membro correspondente da Academia Real de Ciencias de Ultramar (Bruxelas).[1][2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

D'Ottone publicou un bo número de artigos en diversas revistas especializadas. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[3][5][6]

  • (2006). I manoscritti arabi dello Yemen: una ricerca codicologica. Sapienza Orientale, Roma. ISBN 9788889362877
  • (2010). The 2nd Simone Assemani Symposium on Islamic coins (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883032844
  • (2012). 3rd Simone Assemani Symposium on islamic coins (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883034596
  • (2013). La storia di Bayāḍ e Riyāḍ (Vat. ar. 368). Una nuova edizione e traduzione. Biblioteca Apostolica Vaticana, Vaticano.
  • (2015). 4rd Simone Assemani Symposium on islamic coins (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883036835
  • (2015). La collezione di Vittorio Emanuele III. Monete arabe. Istituto poligrafico e Zecca dello Stato, Roma.
  • (2017). Leggere e scrivere nell'Islam medievale (con K. Hirschler). Carocci, Roma. ISBN 9788843086269
  • (2018). 5th Simone Assemani Symposium on Islamic coins. (con B. Callegher). Edizione Università di Trieste (EUT), Trieste. ISBN 9788883039669
  • (2018). Palaeography between East & West. Proceedings of the seminars on Arabic palaeography at Sapienza University of Rome. Fabrizio Serra, Roma. ISBN 9788833151328
  • (2020). The Damascus Fragments. Towards a History of the Qubbat al-khazna Corpus of Manuscripts and Documents (con K. Hirschler e R. Vollandt). Nomos, Baden-Baden. ISBN 9783956507564
  • (2020). Dal Medio all'Estremo Oriente 2 (con R. Torella e M. Casari). Carocci, Roma. ISBN 9788829000081

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "D'Ottone Rambach, Arianna". En Coins Weekly. 23 de marzo de 2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Arianna d'Ottone Arquivado 07 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Sapienza. Università di Roma. Facoltà di Lettere e Filosofia.
  3. 3,0 3,1 "Arianna D'Ottone Rambach". Academia.edu
  4. "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
  5. "D'Ottone, Arianna". WorldCat Identities.
  6. "D'Ottone, Arianna 1977- Arquivado 07 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.