Hodge M. Malek
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xullo de 1959 |
| Recorder | |
| 2005 – | |
| Conselleiro do rei | |
| 1999 – | |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Educación | Universidade de París-Sorbona Universidade de Oxford. |
| Q89547790 | Estudos de numismática oriental. |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Orientalismo e numismática. |
| Ocupación | avogado, xuíz |
| Premios | |
| 1997: Premio Samir Shamma, da RNS. | |
Hodge Mehdi Malek, nado en Londres o 11 de xullo de 1959, é un xurista e numismático británico.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hodge Malek cursou estudos de Dereito, dos que se diplomou na Universidade Sorbona de París en 1978. En 1981 acadou o mestrado en Xurisprudencia na Universidade de Oxford e un ano máis tarde o trítulo de Bachelor en Dereito Civil na mesma universidade.[2][3]
É avogado desde 1983 e membro do Colexio de Avogados das Illas Virxes Britránicas. A súa experiencia como avogado céntrase no dereito comercial internacional.[3]
Paralelamente ao seu labor como xurista, Malek é un estudoso da numismática do mundo islámico, e centra as súas investigacións e as súas publicacións na economía monetaria e na moeda dos Abásidas e dos árabe-sasánidas.[4][5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 1986 Malek casou con Inez Dies Vegelin Van Claebergen, con quen tivo tres fillos.[2] Divorciáronse en 2010.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1997): Premio Samir Shamma, da Royal Numismatic Society, de Londres.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Hodge Malek en materia numismática.[7][8][9]
- (2004). The Dābūyid Ispahbads and early 'Abbāsid governors of Tabaristān : history and numismatics. Special Publications. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 9780901405838
- (2019). Arab-Sasanian Numismatics and History during the Early Islamic Period in Iran and Iraq. 2 vols. Special Publications. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 978-0-90140-594-4[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Malek, Hodge Mehdi". Who'sWho 2022.
- 1 2 3 "Hodge Mehdi Malek". Prabook.com
- 1 2 "Hodge Malek QC". Three Verulam Buildings Barristers.
- ↑ "Hodge Malek". Hodghemalek.academia.edu
- 1 2 Kampmann, U. (2019). "Arab-Sasanian Coins: The New Standard Reference". En Coins Weekly. 13 de febreiro de 2020."Arab
- ↑ "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Malek, Hodge Mehdi Arquivado 19 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Malek, Hodge M.". WorldCat Identities.
- ↑ "Hodge Malek". Academia.edu