Spondyliosoma emarginatum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Spondyliosoma emarginatum

Lámina de finais do século XIX de Spondyliosoma emarginatum
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Superfamilia: Percoidea
Familia: Sparidae
Xénero: Spondyliosoma
Especie: S. emarginatum
Nome binomial
Spondyliosoma emarginatum
(Valenciennes, 1830))
Sinonimia
Véxase o texto

Spondyliosoma emarginatum, é unha especie de peixe da clase dos actinopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos perciformes, suborde dos percoideos, superfamilia dos percoideos e familia dos espáridos, unha das 2 actualmente integradas no xénero Spondyliosoma.[2][3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes, baixo o nome de Cantharus emarginatum.[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Adeamis de polo nome acuralmente válido, a especia coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Cantharus emarginatum Valenciennes, 1830 (ortografía incorrecta)
  • Cantharus emarginatus Valenciennes, 1830 (protónimo)
  • Cantharus microlepis Gilchrist & Thompson, 1909

Características[editar | editar a fonte]

Spondyliosoma emarginatum, como é común en moitos espáridos, ten o corpo ovalado, alto e comprimido lateralmente. Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 35 cm,[6] aínda que normalmente non pasa dos 25 cm.[7] A súa aleta dorsal conta con 11 raios espiñosos e con de 11 a 13 raios brandos; e a aleta anal presenta 3 raios espiñosos e 10 raios brandos.[8]

A lonxitude máxima rexistrada para esta especie é de 35,4 cm, e o peso máximo de 1 100 g. A idade máxima rexistrada foi de 11 anos.[9]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Spondyliosoma emarginatum e un peixe demersal que vive nas costas en augas mariñas e salobres, desde a zona intermareal, a 1 m de profudidade, até os 50 ou 60 m.[10][11]

Os adultos encóntranse en arrecifes superficiais, pouco profundos, até os 50 m de profundidade, cunha poboación illada na lagoa Langebaan onde frecuentan canles de fondos areosos a menos de 10 m de profundidade.[11] Os xuvenís atópanse en arrecifes superficiais, e moi raramente entran nos estuarios.[12][13]

Distribución[editar | editar a fonte]

A súa área de distribución abarca as augas subtropicais do océano Índico occidental: Suráfrica e o sur de Madagascar, entre os 10° e os 35° S, e os 17° e os 52° L.[8] É endémico de Suráfrica, onde se encontra desde a baía de Saldanha, Cabo Occidental até Durban, KwaZulu-Natal.[14] Hai un rexistro (cuestionábel) no sur de Madagascar.[15]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Spondyliosoma emarginatum encóntrase sobre substratos rochosos de augas oceánicas, e pode entrar nos estuarios de auhgas salgadas ou salobres onde vive entre a vexetación, alimnntándose de algas e pequenos moluscos e crustáceos.[16]

Spondyliosoma emarginatum é un hermafrodita protoxínico (os gametos femininos madurann antes que os masculinos, polo que as femias, coa ideade, poden converterse en machos). A reprodución, no Cabo Occidental, ocorre desde xullo até outubro. A madurez sexual, no 50 % dos espécimes, prodúcese cando acadan unha lonxitude de 23,5 cm as femias, e os 24,9 cm os machos.[11]

Na reprodución, as súas costumes na construción dos niños e os ovos bentónicos suxiren un comportamento territorial e residente.[9] Despois da fecundación, os ovos son depositados nunha depresión pouco profunda e son protexidos dos depredadores polo macho até que eclosionan.[8]

Estado de consrevación[editar | editar a fonte]

Segundo os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), Spondyliosoma emarginatum é unha especie común e abundante que se pesca principalmente para usar como engado ou para o consumo humano a falta de especies máis rendíbeis. É probable que esta especie estea infraexplotada e non se identificaron ameazas importantes, ademais de que habita en áreas mariñas protexidas dentro da súa área de distribución, polo que a UICN cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mann, B. Q.; Buxton, C. D.; Russell, B.; Pollard, D. & Carpenter, K. E. (2014): Spondyliosoma emarginatum na Lista vermella da UICN. Versión 2919-3. Consultada o 15 de marzo de 2020.
  2. Spondyliosoma Cantor, 1849 no WoRMS.
  3. Spondyliosoma en FishBase.
  4. Spondyliosoma Cantor, 1849 no ITIS.
  5. 5,0 5,1 Spondyliosoma emarginatum (Valenciennes, 1830)) no WoRMS.
  6. Smith, J. L. B. & M. M. Smith 1986, pp. 580-594.
  7. Bauchot, M.L. & M. M. Smith (1984): "Sparidae". En W. Fischer & G. Bianchi, FAO species identification sheets for fishery purposes. Western Indian Ocean (Fishing Area 51). Volume 4. Roma: FAO.
  8. 8,0 8,1 8,2 Spondyliosoma emarginatum (Valenciennes, 1830) en FishBase.
  9. 9,0 9,1 Tunley, K. L. et al. (2009): "Variation in population structure and life history parameters of steentjies Spondyliosoma emarginatum: effects of exploitation and biogeography". African Journal of Marine Science 31 (2): 133–143.
  10. van der Elst, R. P. & F. Adkin, eds. (1991): "Marine linefish: priority species and research objectives in southern Africa". Oceanogr. Res. Inst., Spec. Publ. nº 1.
  11. 11,0 11,1 11,2 Fairhurst, L.; Attwood, C. G.; Durholtz, M. D. & Moloney, C. L. (2007): "Life-history of the steentjie Spondyliosoma emarginatum (Cuvier 1830) in Langebaan Lagoon, South Africa". African Journal of Marine Science 29 (1): 79-92.
  12. Beckley, L. E. (1983): "The ichthyofauna associated with Zostera capensis (Setchell) in the Swartkops estuary, South Africa". S. Afr. J. Zool. 18: 15-24.
  13. Whitfield, A. K. et al. (1989): "Composition, species richness and similarity of ichthyofauna in eelgrass Zostera capensis beds of southern Africa". S. Afr. J. Mar. Sci. 8: 251-259.
  14. Heemstra, P. C. & Heemstra, E. (2004): Coastal Fishes of southern Africa. Grahamstown, South Africa: South African Institute for Aquatic Biodiversity and National Inquiry Service Centre,. ISBN 1-9200-3301-7.
  15. Fischer, W. & Bianchi, G. (1984): FAO species identification sheets for fishery purposes. Western Indian Ocean (Fishing Area 51). Roma: FAO.
  16. Fischer, W.; I. Sousa; C. Silva; A. de Freitas; J. M. Poutiers; W. Schneider; T. C. Borges; J. P. Feral & A. Massinga (1990): "Fichas FAO de identificação de espécies para actividades de pesca. Guia de campo das espécies comerciais marinhas e de águas salobras de Moçambique". Publicação preparada em collaboração com o Instituto de Investigação Pesquiera de Moçambique, com financiamento do Projecto PNUD/FAO MOZ/86/030 e de NORAD. Roma: FAO.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bauchot, M. L. & Daget, J. (1972): "Catalogue critique des types de poissons du Muséum national d'Histoire naturelle. Famille des Sparidae". Bulletin du Museum National d’Histoire Naturelle, París, 3e série, nº 24, Zoologie 18: 33-100.
  • Smith, J. L. B. & M. M. Smith (1986): "Sparidae". En M. M. Smith & P. C. Heemstra, eds. Smiths' sea fishes. Berlín: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6428-2858-4.
  • Tunley, K. L. & Attwood, C. G. (2013): "Spondyliosoma emarginatum". En: B. Q. Mann (ed.), Southern African Marine Linefish Species Profiles Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. Durban: Oceanographic Research Institute. Special Publication Nº 9. ISBN 978-0-6205-8185-1, , pp. 277–278.
  • van der Elst, R. (1997): A guide to the common sea fishes of Southern Africa. 3ª ed. Cape Town: Struik Publishers. ISBN 978-1-8682-5394-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]