Festa do Gaiteiro
Aparencia
A Festa do Gaiteiro é unha festa celebrada a finais de agosto desde 1973 en Soutelo de Montes, terra natal do gaiteiro Avelino Cachafeiro.
Naceu por iniciativa dos veciños e do concello de Forcarei como homenaxe ó seu gaiteiro predilecto.
Case un millar de músicos dánse cita na vila ano tras ano.
Breve resumo
[editar | editar a fonte]A festa comeza pola mañá con pasarrúas e concertos en todos os recunchos da vila. Sobre a 1 do mediodía ten lugar a lectura do pregón, para despois continuar coa entrega de medallas do Gaiteiro de Soutelo e os discursos institucionais.
Pola tarde ten lugar o Concurso Avelino Cachafeiro de música tradicional para despois entregarse os premios.
O día remata con concerto de grupos de gaitas e de música folk.