Dig Me Out

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dig Me Out
Álbum de Sleater-Kinney
Publicado8 de abril de 1997
Gravacióndecembro de 1996 - xaneiro de 1997
Estudio(s)John and Stu's Place en Seattle, Washington
Duración36:34
Xénero(s)punk rock
Selo(s)Kill Rock Stars
Producido porJohn Goodmanson
Cronoloxía
Call the Doctor Dig Me Out The Hot Rock

Dig Me Out é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 8 de abril de 1997 a través do selo Kill Rock Stars. O disco foi producido por John Goodmanson e gravado entre decembro de 1996 e xaneiro de 1997 no John and Stu's Place en Seattle, Washington. Dig Me Out marcou a estrea de Janet Weiss, a súa actual batería. A música do álbum está influenciada por bandas de rock and roll tradicionais, mentres que as letras falan de temas como a angustia e a supervivencia.

Editáronse dous sinxelos para apoiar o traballo: "One More Hour" e "Little Babies". O tema "Dig Me Out" chegou ao número 6 da lista KEXP Top 90.3en 1997 sen ser lanzado como sinxelo. O álbum recibiu unha aclamación substancial por parte da crítica musical, que loubou a súa enerxía e letras feministas. Dig Me Out está incluídas nas listas de mellores álbums de varias publicacións. No ano 2003 Rolling Stone púxoa no número 272 no seu listaxe dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Toda a música composta por Sleater-Kinney.

N.º Título Duración
1. "Dig Me Out"   2:40
2. "One More Hour"   3:19
3. "Turn It On"   2:47
4. "The Drama You've Been Craving"   2:08
5. "Heart Factory"   3:54
6. "Words and Guitar"   2:21
7. "It's Enough"   1:46
8. "Little Babies"   2:22
9. "Not What You Want"   3:17
10. "Buy Her Candy"   2:02
11. "Things You Say"   2:56
12. "Dance Song '97"   2:49
13. "Jenny"   4:03
36:34

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rolling Stone (ed.). "500 mellores álbums de todos os tempos segundo Rolling Stone". Consultado o 1 de outubro de 2016.