Little Rope
Little Rope | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sleater-Kinney | ||||
Publicado | 19 de xaneiro de 2024 | |||
Estudio(s) | Flora Recording & Playback, Portland, Oregón | |||
Duración | 33:59 | |||
Selo(s) | Loma Vista Recordings | |||
Producido por | John Congleton | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Little Rope é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 19 de xaneiro de 2024[1] a través do selo Loma Vista Recordings. Producido por John Congleton, o álbum foi precedido polos sinxelos "Hell", "Say It Like You Mean It", e "Untidy Creature".
Antecedentes e gravación
[editar | editar a fonte]O idea doutro álbum de Sleater-Kinney estivo inicialmente "no aire", xa que o video de introdución do seu anterior traballo Path of Wellness (2021) deu lugar a unha resposta vaga sobre se o dúo gravaría algún día outro álbum. Porén, despois do lanzamento do seu décimo álbum de estudio recorreron a John Congleton para producir o seu seguinte disco. Elas tiñan planeado traballar con Congleton moito tempo atrás, pero tiveron que esperar a que "as estrelas" se aliñasen. A gravación tivo lugar no estudio Flora Recording & Playback en Portland, Oregón.[2]
O álbum completouse tras un accidente de coche no que morreron a nai e o padrasto de Brownstein a finais de 2022 en Italia. Afrontando este evento, o dúo tivo que facer fronte a preguntas sobre "como navegamos pola dor, con quen a navegamos e as formas en que nos transforma".[3] Gran parte do disco xa estaba escrito ata ese momento, pero a banda regresou a el cun enfoque máis doloroso.[4] Como resultado, Little Rope trata temas como "crise global e traxedia persoal".[5] Descrito como "un dos máis finos e delicadamente estratificados" da súa discografía, o disco enriquécese a través dunha "instrumentación complexa e ambiciosa".[6]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Hell" | 3:14 | |||||||
2. | "Needlessly Wild" | 2:51 | |||||||
3. | "Say It Like You Mean It" | 3:44 | |||||||
4. | "Hunt You Down" | 3:32 | |||||||
5. | "Small Finds" | 3:07 | |||||||
6. | "Don't Feel Right" | 3:50 | |||||||
7. | "Six Mistakes" | 3:08 | |||||||
8. | "Crusader" | 3:37 | |||||||
9. | "Dress Yourself" | 3:28 | |||||||
10. | "Untidy Creature" | 3:28 | |||||||
33:59 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Little Rope, by Sleater-Kinney". Sleater-Kinney (en inglés). Consultado o 2024-01-19.
- ↑ "Sleater-Kinney Announce New Album 'Little Rope': Listen To "Hell"". Stereogum (en inglés). 2023-10-03. Consultado o 2024-01-19.
- ↑ Mier, Tomás (2023-10-03). "Sleater-Kinney Preview 11th LP 'Little Rope' With Single 'Hell'; Detail 2024 Tour". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-01-19.
- ↑ Krol, Charlotte (2023-10-03). "Sleater-Kinney announce new album 'Little Rope' and share first single 'Hell'". NME (en inglés). Consultado o 2024-01-19.
- ↑ "Sleater-Kinney announce eleventh studio album ‘Little Rope’". DIY (en inglés). 2023-10-03. Consultado o 2024-01-19.
- ↑ "Sleater-Kinney Announce New Album Little Rope, 2024 Tour Dates" (en inglés). 2023-10-03. Consultado o 2024-01-19.