Saltar ao contido

Merge Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Merge Records
Tipoeditora discográfica independente
Data de fundación1989
Fundador(es)Laura Ballance
SedeDurham
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.mergerecords.com
Facebook: mergerecords Twitter: mergerecords Instagram: mergerecords Youtube: UC61ntWQBhbZWj3g9Vua3rug Souncloud: mergerecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Merge Records é un selo discográfico independente con sede nos Estados Unidos. Fundado por Mac McCaughan e Laura Ballance en 1989 como fórmula para lanzar as gravacións da súa banda de rock Superchunk e de bandas de amigos. O primeiro álbum da gravadora en entrar no Billboard 200 foi Funeral, do Arcade Fire.

Tras editar varios discos de 7" e casetes, o primeiro CD de longa duración chegou o 1 de abril de 1992 co Tossing Seeds de Superchunk (MRG020), a primeira colección de sinxelos da banda.

O primeiro álbum do selo en entrar na Billboard 200 foi Funeral de Arcade Fire no ano 2004. Esta banda tamén lle conseguiría os postos máis alto nas listas cos seus seguintes traballos, Neon Bible (2007) estreouse no número 2 da citada lista, e posteriormente chegaría ao primeiro posto co seu terceiro disco, The Suburbs (2010). Outras edición que acadarían o top 10 da Billboard foron Ga Ga Ga Ga Ga and Transference de Spoon, xunto con Volume Two de She & Him. Outros traballos que destacaron son In the Aeroplane Over the Sea de Neutral Milk Hotel, 69 Love Songs de The Magnetic Fields, Andorra de Caribou, Hold Time de M. Ward, Let's Get Out of This Country de Camera Obscura, e Volume One de She & Him.

En febreiro do ano 2009, debido ás adversas condicións do mercado, anunciouse que Touch and Go Records deixaría de fabricar e distribuír discos para Merge e moitas outras discográficas independentes; Merge estivera baixo o paraugas de Touch and Go dende a edición en 1992 de Tossing Seeds. Merge raidamente chegou a un acordo con Alternative Distribution Alliance para continuar distribuíndo os seus lanzamentos.

En setembro do 2009 Algonquin Paperbacks puvlicou Our Noise: The Story of Merge Records, un libro que relata a historia do selo. Pouco despois celebrouse un festival de 6 días en Chapel Hill e Carrboro, Carolina do Norte, onde actuaron uns 40 artistas de Merge de todo o mundo para celebrar o 20 aniversario da primeira edición do selo.

Artistas notábeis

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]