Excuse 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Excuse 17
OrixeOlympia, Washington, Flag of the United States.svg
Período1993 - 1995
Xénero(s)punk rock, queercore
Selo(s) discográfico(s)Chainsaw Records, Kill Rock Stars, Candy Ass Records, Atlas Records
MembrosBecca Albee
Carrie Brownstein
CJ Phillips (Curtis James)
Artistas relacionadosSleater-Kinney, Heavens to Betsy, Heartless Martin, The Old Haunts, Wild Flag, The Spells, Serum Greys
Na rede
Last fm: Excuse+17 Musicbrainz: bad37a2a-1ab8-4605-b8f3-e0615cd7de64 Songkick: 184980 Discogs: 320266 Allmusic: mn0000162773 Editar o valor em Wikidata

Excuse 17 foi unha banda de punk rock estadounidense procedente de Olympia, Washington, activa dende 1993 ata 1995. O grupo estaba formado por Becca Albee (voces e guitarra), Carrie Brownstein (guitar e voces) e Curtis James (batería). A banda gravou dous álbums e un sinxelo, e aportou cancións a varios recompilatorios.

Historia[editar | editar a fonte]

Brownstein, Albee e CJ Phillips (James) uníronse para formar Excuse 17, unha banda que durou só uns poucos anos pero demostraría ser moi influente. Brownstein e Albee tocaban a guitarra e cantaban e CJ tocaba a batería. En pouco tempo gravaron unha cinta demo e comezaron a gravar temas para varios recompilatorios en discográficas independentes. O seu primeiro álbum, Excuse Seventeen, foi editado conxuntamente por Atlas Records (vinilo) e o selo queercore Chainsaw Records (CD).[1] A banda editou o seu segundo e derrradeiro álbum, Such Friends Are Dangerous, a través do selo independente Kill Rock Stars en 1995, mostrando unha gran mellora na calidade da gravación.[2]

A banda adoitaba a tocar con Heavens to Betsy, e incluso fixeron xiras xuntas, xa que ámbolos dous grupos era unha parte activa da escena riot grrrl.[3] As dúas bandas tamén apareceron no recompilatorio Free to Fight. Corin Tucker de Heavens to Betsy fíxose moi amiga de Brownstein e chegaron a saír xuntas durante un tempo. As dúas decidiron formar Sleater-Kinney, un proxecto paralelo que ao pouco tempo sería o seu principal proxecto tras a disolución dos seus respectivos grupos. Porén, as gravacións de Excuse 17 aínda son moi valoradas polos seguidores de Sleater-Kinney, polos ineteresados no riot grrrl e no queercore, e polos coleccionistas de discos en xeral: Such Friends Are Dangerous foi nomeado un dos 50 mellores álbums de indie rock do Noroeste do Pacífico pola publicación en liña Pitchfork.[4] Albee tamén gravou con Tucker como Heartless Martin, editando un casete a través de Chainsaw Records en 1993.[5]

Tras a disolución de Excuse 17 Albee estableceu unha exitosa carreira como artista visual. O seu traballo foi loubado por publicacións como Bomb,[6] Tom Tom,[7] Artforum[8] e Aperture.[9] Os seus artigos están sendo conservados na Fales Library da New York University.[10] En 2019 era profesora adxunta de fotografía no City College of New York.[11]

No ano 2017 James vivía en Olympia e tocaba a batería na banda de rock Nudity.[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Excuse Seventeen 1994 Chainsaw Records, Atlas Records
Such Friends Are Dangerous 1995 Kill Rock Stars

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Excuse 17 - Excuse 17 | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-10-30. 
  2. "Such Friends Are Dangerous - Excuse 17 | Release Info". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-10-30. 
  3. Brownstein, Carrie (2016-10-25). Hunger Makes Me a Modern Girl: A Memoir (en inglés). Penguin. ISBN 9780399184765. 
  4. "The 50 Best Indie Rock Albums of the Pacific Northwest". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-30. 
  5. "Releases | chainsaw records". web.archive.org. 2012-07-24. Archived from the original on 24 de xullo de 2012. Consultado o 2019-10-30. 
  6. "Becca Albee by Rachel Reese - BOMB Magazine". bombmagazine.org. Consultado o 2019-10-30. 
  7. 7,0 7,1 "Artworks: Becca Albee of Excuse 17, F Is For Fake | Tom Tom Magazine" (en inglés). Consultado o 2019-10-30. 
  8. "Becca Albee". www.artforum.com (en inglés). Consultado o 2019-10-30. 
  9. "Full Color Feminism". Aperture Foundation NY (en inglés). Consultado o 2019-10-30. 
  10. "Guide to the Becca Albee Riot Grrrl Papersca. 1992-1996 MSS.273". dlib.nyu.edu. Consultado o 2019-10-30. 
  11. "Becca Albee | The City College of New York". www.ccny.cuny.edu. Consultado o 2019-10-30.