The Center Won't Hold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Center Won't Hold
Álbum de Sleater-Kinney
Publicado16 de agosto de 2019
Gravación2018
Duración36:16
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Mom + Pop Music
Producido porSt Vincent
Cronoloxía
No Cities to Love
(2015)
The Center Won't Hold Path of Wellness
(2021)

The Center Won't Hold é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 16 de agosto de 2019 a través do selo Mom + Pop Music.[1] O disco foi producido por St Vincent e trátase do derradeiros coa batería Janet Weiss, que anunciou a súa marcha do grupo o día 1 de xullo.[2] Tras o seu lanzamento o álbum foi aclamado pola crítica.[3]

Gravación e lanzamento[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2018 a banda dixo que estaba traballando na continuación de No Cities to Love, aínda que Carrie Brownstein comentou que "ían facelo moi lentamente".[4] Carrie Brownstein suxeríulle a Jeff Tweedy producir algunhas cancións coa banda, pero primeiro comezaron a traballar con St. Vincent e gozaron traballando con ela polo que decidiron continuar así.[5] En xaneiro de 2019 a banda anunciou que se agardaba un novo álbum para ese mesmo ano, producido por St. Vincent.[6]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

"Hurry On Home" foi publicado como sinxelo principal do álbum o día 29 de maio de 2019.[7] A banda interpretou a canción no programa The Tonight Show Starring Jimmy Fallon o 19 de xuño.[8] "Can I Go On" foi o segundo sinxelo, aparecendo nas emisoras Triple A o día 5 de agosto. Tamén se lanzou un sinxelo promocional, "The Future Is Here", aparecido o 14 de xuño.[9] A canción do título foi editada como segundo sinxelo promocional o 17 de xullo.[10]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Sleater-Kinney (Corin Tucker, Janet Weiss e Carrie Brownstein). 

N.º Título Duración
1. "The Center Won't Hold"   3:04
2. "Hurry On Home"   2:48
3. "Reach Out"   3:30
4. "Can I Go On"   3:30
5. "Restless"   2:42
6. "Ruins"   5:18
7. "LOVE"   2:16
8. "Bad Dance"   2:44
9. "The Future Is Here"   3:00
10. "The Dog/The Body"   4:22
11. "Broken"   3:02

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sleater-Kinney announces new album The Center Won't Hold, produced by St. Vincent". News. Consultado o 2019-10-29. 
  2. "Janet Weiss Leaves Sleater-Kinney". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  3. "The Center Won't Hold by Sleater-Kinney" (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  4. "Sleater-Kinney Working on New Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  5. "The death and rebirth of Sleater-Kinney". The FADER (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  6. "New Sleater-Kinney Album, Produced By St. Vincent, Confirmed For This Year". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  7. "Listen to “Hurry on Home” by Sleater-Kinney" (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  8. "Watch Sleater-Kinney Play "Hurry on Home" on 'Fallon'". Spin. 2019-06-20. Consultado o 2019-10-29. 
  9. Zemler, Emily; Zemler, Emily (2019-06-14). "Sleater-Kinney Preview St. Vincent-Produced Album With ‘The Future Is Here’". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-10-29. 
  10. Reed, Claire Shaffer,Ryan; Shaffer, Claire; Reed, Ryan (2019-07-17). "Hear Sleater-Kinney’s Dark, Experimental New Song ‘The Center Won’t Hold’". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-10-29.