Simona Halep
(2018) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1991 (33 anos) Constancia, Romanía | ||||||||||||||||
Residencia | Constancia | ||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||
Peso | 57 kg | ||||||||||||||||
Cor do pelo | Louro | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista | ||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 40.232.663 $ | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Romanía | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro e revés a dúas mans | ||||||||||||||||
Adestrado por | Patrick Mouratoglou (pt) (2022–) Andrei Pavel (2017–2018) Darren Cahill (2016–2018) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2012 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 (pt) | ||||||||||||||||
Cronoloxía | |||||||||||||||||
15 de setembro de 2021-6 de setembro de 2022 | Voda | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sitio web | simonahalep.com | ||||||||||||||||
Simona Halep[1], nada en Constancia o 27 de setembro de 1991, é unha tenista romanesa.
Gañou 15 títulos da WTA e o seu mellor resultado nun Grand Slam foi o de finalista de Roland Garros no ano 2014,[2] onde perdeu a final contra a rusa Maria Sharapova. Na edición do 2017[3], repetiu derrota na final coa letoa Jeļena Ostapenko, de só vinte anos.[4] Grazas á súa actuación no torneo francés de 2017 volveu acadar o segundo posto na clasificación da WTA que é a súa mellor clasificación persoal e tamén a mellor na historia de Romanía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simona pertence a minoría arromanesa[5], é filla de Stere e Tania Halep, o seu pai xogou ó fútbol no Săgeata Stejaru nas divisións máis humildes do fútbol romanés. Ela comezou a xogar o tenis con catro anos imitando o seu irmán, con dezaseis anos mudouse a Bucarest e un ano mais tarde someteuse a unha operación cirúrxica de redución de peito para seguir mellorando como tenista[6][7]. Tras ter gañado Roland Garros na categoría Júnior, e despois da operación, Simona comezou a mellorar os seus resultados e a escalar posicións na clasificación da WTA.
2010
[editar | editar a fonte]No 2010 Halep fai a súa primeira grande actuación no circuíto, cando no Andalucía Tennis Experience de Marbella acada os cuartos de final chegando dende a rolda clasificatoria. Despois continuou cunha impresionante progresión, acadando a final do torneo Grand Prix SAR La Princesse Lalla Meryem de Fez, onde so cedería na final ante a checa Iveta Benešová.
En maio consegue meterse por primeira vez no cadro final dun Grand Slam en Roland Garros, caendo en primeira rolda ante Samantha Stosur, que sería finalista nesa mesma edición do torneo. No US Open correu a mesma sorte na primeira rolda ante Jelena Janković.
2011
[editar | editar a fonte]Comeza o ano amosando un bo estado de forma no ASB Classic de Auckland, un torneo preparatorio para o Open de Australia, onde acada os cuartos de final. No Grand Slam Australiano chega a terceira rolda, onde perde contra Agnieszka Radwańska, sendo esta a súa mellor actuación nun dos catro grandes torneos ata esa data.
En abril repite como finalista do Grand Prix SAR La Princesse Lalla Meryem de Fez, pero foi quen de superar á italiana Alberta Brianti na final.
En Roland Garros cae en segunda rolda outra vez contra Samantha Stosur. Uns meses despois métese na rolda final de Wimbledon por primeira vez na súa carreira e cae na segunda eliminatoria ante Serena Williams nun partido de tres sets.
Chega a semifinais no Aberto BCR de Romanía de Mulleres perdendo ante a española Laura Pous Tió. Na Rogers Cup de Toronto é eliminada en segunda rolda por Lucie Safarova, despois de gañarlle a rusa Svetlana Kuznetsova na primeira. Esa vitoria ante Kuznetsova sería a primeira ante unha top-20 da clasificación da WTA.
No US Open acadou a primeira vitoria ante unha tenista do Top 10, a chinesa Li Na, mais caeu ante Carla Suárez na segunda rolda.
2012
[editar | editar a fonte]Este vai ser o primeiro ano de Simona dentro do top-50. Comeza o ano con Cuartos no torneo de Hobart, despois no Open de Australia cae no primeiro cruzamento contra Paula Ormaechea. Avanzando a tempada acada a terceira rolda en Miami e en Indian Wells, cuartos en Barcelona e semifinais no Grand Prix SAR La Princesse Lalla Meryem de Fez. Tento en roma como en Madrid cae no primeiro partido ante Venus Williams.
Chegou á final de Bruxelas, onde caeu contra Radwańska, apuntando unha boa actuación en Roland Garros, pero cae na primeira rolda, a mesma sorte que correrá en Wimbledon e representando o seu país no torneo olímpico dos Xogos de Londres, disputados no All England Lawn Tennis and Croquet Club, a mesma sede que o torneo británico sobre herba. No curto Grand Slam da tempada, o US Open, so alcanza a segunda rolda.
2013
[editar | editar a fonte]O 2013 foi o ano da explosión para Halep, comezou no número 47 da clasificación e nos tres primeiros torneos, o ASB Classic de Auckland, o Internacional de Hobart e o Open de Australia, so colleita derrotas. Pero no mes de maio todo cambia no Internacional de Roma, onde se planta nas semifinais deixando polo camiño a Svetlana Kuznetsova, Agneska Radwańska e Jelena Jankovic. Cae contra Serena Williams na final, ela mesma referiuse a este paso adiante coas seguintes palabras: "O que cambiou foi que me permitín a min mesma estar relaxada na pista e quitarme a presión de enriba. Díxenme a min mesma que tiña que desfrutar e desfrutar do xogo"[8]
En Roland Garros as cousas non marchan ben e cae en primeira rolda ante Carla Suárez, pero xusto despois chegan os seus primeiros triunfos no torneo de Nürenberg, derrotando a Andrea Petkovic e no Topshelf Open nos Países Baixos, encadeando estes triunfos en dúas semanas consecutivas. En Wimbledon caeu en segunda rolda ante Li Na, pero en xullo xa estaba dentro do top-30.
Consegue o terceiro título da súa carreira no Gran Premio de Budapest, e alcanza os cuartos en Cincinati para caer outra vez ante Serena Williams. Consegue o New Haven Open ante Petra Kvitová, o seu primeiro torneo Premier. No US Open consegue avanzar ata a cuarta rolda, o seu mellor Grand Slam ata ese momento.
Despois chegou a Kremlin Cup, segundo torneo de nivel Premiere para a romanesa, onde gañou a final a Samantha Stosur, a quen tamén lle gañou a final do Torneo de Campioas celebrado en Sofía, campionato que disputan as oito tenistas mellor clasificadas da WTA que non entran nas WTA Finals.
Simona remata o ano sendo a segunda tenista con máis títulos, só por detrás de Serena Williams e sendo a única en gañar en herba, terra batida, pista dura e pista indoor. Por todo isto a WTA concedeulle o galardón de Tenista con máis mellora no 2013.
2014
[editar | editar a fonte]Comeza o ano colleitando a primeira derrota dende setembro contra Madison Keys, que se esta dando a coñecer no Sydney International. No Aberto de Australia acadou a rolda de cuartos, onde caeu coa eslovaca Dominika Cibulková, tras derrotar a Katarzyna Piter, Varvara Lepchenko e Jelena Janković. Foi a súa primeira aparición nos cuartos dun grand slam e, tras a cita australiana, entrou no top 10 da clasificación WTA.
O 16 de febreiro derrota a Angelique Kerber na final do Torneo de Doha, acadando o seu primeiro "Premiere 5". Con eses puntos mais os que suma nos cuartos de final en Indian Wells (BNP Paribas, por razóns comerciais), colócase como número cinco mundial.
No Mutua Madrid Open cae na final ante Maria Sharapova, deixando polo camiño a Ana Ivanović e Petra Kvitová. En Roma ten que retirarse por lesión na segunda rolda. Chega a Roland Garros situada na cuarta posición mundial, fai un excelente torneo vencendo a Alisa Kleybanova, Heather Watson, María Teresa Torró Flor, Sloane Stephens, Svetlana Kuznetsova e Andrea Petkovic, para repetir na final a mesma sorte que pouco antes en Madrid, ante Sharapova nunha final de tres horas.
En Wimbledon acada un excelente resultado, chegando a semifinais, onde unha lesión no xeonllo lle puxo en bandexa a vitoria á revelación do torneo, Eugenie Bouchard. Xusto despois da cita londiniense marcha a Romanía para participar na primeira edición do Bucarest Open, onde consegue o seu segundo título da tempada ó impoñerse a Roberta Vinci.
Clasificación en Torneos WTA
[editar | editar a fonte]Torneo | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | G–P |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Torneos Grand Slam | ||||||||||
Aberto de Australia | A | C1 | 3R | 1R | 1R | CF | CF | 1R | 1R | 10–7 |
Roland Garros | C2 | 1R | 2R | 1R | 1R | F | 2R | 4R | F | 17–8 |
Wimbledon | A | C1 | 2R | 1R | 2R | SF | 1R | CF | CF | 15–7 |
U.S. Open | A | 1R | 2R | 2R | 4R | 3R | SF | CF | 16–7 | |
Ganados–Perdidos | 0–0 | 0–2 | 5–4 | 1–4 | 4–4 | 17–4 | 10–4 | 11–4 | 10–3 | 58–29 |
WTA Finals | ||||||||||
WTA Finals | A | A | A | A | A | F | RR | RR | 5–6 | |
Ganados–Perdidos | 0–0 | 0–0 | 0–0 | 0–0 | 0–0 | 3–2 | 1–2 | 1–2 | 5–6 | 0–0 |
Juegos Olímpicos | ||||||||||
Xogos Olímpicos | Non Celebrado | A | Non Celebrado | A | NC | 0–0 | ||||
Torneos Premier Mandatory | ||||||||||
Indian Wells | A | A | 2R | 3R | 2R | SF | G | CF | 3R | 14–5 |
Miami | A | A | 2R | 3R | 3R | A | SF | SF | CF | 8–4 |
Madrid | A | Q1 | 1R | 1R | 1R | F | 1R | G | G | 17–5 |
Pequín | A | A | A | 1R | 1R | CF | 1R | 3R | 4–5 | |
Ganados–Perdidos | 0–0 | 0–0 | 2–3 | 4–4 | 3–4 | 12–2 | 9–3 | 13–3 | 10–2 | 53–21 |
Torneos Premier 5 | ||||||||||
Doha1 / Dubái2 | A | A | A | 3R1 | 2R1 | G1 | G2 | 2R1 | A2 | 14–3 |
Roma | A | A | C1 | 1R | SF | 3R | SF | 2R | F | 12–5 |
Canadá | A | C3 | 2R | 2R | A | A | F | G | 11–3 | |
Cincinnati | A | C2 | A | 1R | CF | CF | F | SF | 12–5 | |
Toquio | A | C2 | A | 2R | 3R | Premier | 3–2 | |||
Wuhan | Non disputado | 2R | 3R | SF | 4–3 | |||||
Ganados–Perdidos | 0–0 | 0–0 | 1–1 | 4–5 | 10–4 | 8–2 | 17–4 | 11–4 | 4–1 | 55–21 |
Lenda.
A - Non participou.
C - Rolda Clasificatoria
R - Rolda
CF - Cuartos de Final
SF - Semifinais
F - Final
G - Gañadora
RR - Round Robin (Liguiña)
1 Significa os torneos disputados en Doha. 2 Significa os torneos disputados en Dubái.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ admin (2017-05-28). "Simona Halep". WTA Tennis (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ "Sharapova outlasts Halep to reign again- Roland-Garros - The 2017 French Open - Official Site by IBM". www.rolandgarros.com (en inglés). Consultado o 10 de de xuño de 2017.
- ↑ "French Open 2017: Simona Halep and Jelena Ostapenko reach final". BBC Sport (en inglés). 8 de xuño de 2017. Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ Fisher, Ben (10 de xuño de 2017). "French Open: Ostapenko stuns Halep with remarkable fightback to win title – as it happened". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 10 de xuño de 2017.
- ↑ "Simona Halep – aromânca de care este mândră România întreagă | Femei din sport". femeidinsport.ro (en inglés). Consultado o 2017-06-30.
- ↑ "Simona Halep enjoys rapid rise up the rankings". The Independent (en inglés). 2014-05-28. Consultado o 2017-06-30.
- ↑ "How radical breast surgery helped Simona Halep turn her career around". Eurosport. 2014-06-03. Consultado o 2017-06-30.
- ↑ Thomas, Louisa (2014-05-29). "Match Striker: The Increasingly Unclassifiable, Increasingly Unstoppable Simona Halep". Grantland (en inglés). Consultado o 2017-07-03.