Jelena Janković, nada o 28 de febreiro de 1985 en Belgrado, RFS Iugoslavia, é un tenista profesional serbia. Janković é unha antiga número un do mundo da WTA en individuais, nos meses seguintes á súa aparición na final do US Open de 2008. Gañou o Masters de Roma en dúas ocasións (2007 e 2008), o BNP Paribas Open en 2010 e foi finalista do US Open en 2008.[1]