Angelique Kerber
(2020) | |||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 18 de xaneiro de 1988 Bremen | ||||||||||||||||
| Residencia | Puszczykowo (pt) Kiel | ||||||||||||||||
| Relixión | Catolicismo | ||||||||||||||||
| Altura | 173 cm | ||||||||||||||||
| Peso | 68 | ||||||||||||||||
| Lateralidade | manicha | ||||||||||||||||
| Cor do pelo | Louro | ||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||
| Ocupación | tenista (2003–2024), deportista | ||||||||||||||||
| Período de actividade | 2003 | ||||||||||||||||
| Influencias | |||||||||||||||||
| Patrimonio estimado | 32.519.180 $ | ||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||
| Deporte | tenis | ||||||||||||||||
| Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres | ||||||||||||||||
| Man de xogo | manicha e revés a dúas mans | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||
| 2016 | ténis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) | ||||||||||||||||
| 2016 | ténis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) | ||||||||||||||||
| 2012 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 (pt) | ||||||||||||||||
| 2012 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 (pt) | ||||||||||||||||
| 2012 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 (pt) |
||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||
| Pais | Sławomir Kerber | ||||||||||||||||
| Sitio web | angelique-kerber.de | ||||||||||||||||
Angelique Kerber, nada o 18 de xaneiro de 1988 en Bremen, é unha tenista alemá que ocupou o primeiro posto da clasificación da Women's Tennis Association durante 34 semanas en tres períodos alternos, o último deles entre 15 de maio e o 16 de xullo de 2017, cedendolle o cetro á checa Karolina Pliskova.
Kerber compite coma profesional dende 2003, gañou dous títulos de Grand Slam: o Aberto dos Estados Unidos e o Aberto de Australia , os dous en 2016. Nos Xogos Olímpicos de Río acadou o media de prata. Tamén gañou outros 8 torneos da WTA en 2015 Charleston, Stuttgart, Birmingham e Stanford en 2013 Linz e no 2012 o Torneo indoor de París e Copenhagen.
Biografía
[editar | editar a fonte]Kerber naceu en Bremen, a súa nai Beata é alemá e o seu pai Sławomir é polaco de ascendencia xermana. Ten unha irmá chamada Jessica. Creceu na cidade alemá de Kiel e dende o ano 2012 vive en Poznan, Polonia, onde o seu avó ten unha escola de tenis. Posúe a dobre nacionalidade e frecuentemente é cuestionada pola súa vinculación con Polonia aínda que ela declarou "Son alemá, xogo para Alemaña, medrei en Alemaña, e o meu corazón late por Alemaña".[1]
Kerber forma parte dun grupo de deportistas de orixe polaca que acadaron importantes éxitos cos países de acollida dos seus pais como a tamén número un mundial do tenis Caroline Wozniacki ou os futbolistas Miroslav Klose e Lukas Podolski entre outros.
Torneos de Grand Slam
[editar | editar a fonte]Clasificación en torneos de Grand Slam
[editar | editar a fonte]| Torneo | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | G-P | Títulos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Australian Open | - | - | 2R | 1R | 3R | 1R | 3R | 4R | 4R | 1R | G | 4R | 21–9 | 1 |
| Roland Garros | - | 1R | 1R | - | 2R | 1R | CF | 4R | 4R | 3R | 1R | 1R | 13–10 | 0 |
| Wimbledon | - | 1R | 1R | - | 3R | 1R | SF | 2R | CF | 3R | F | 4R | 23–10 | 0 |
| US Open | - | 1R | - | 2R | 1R | SF | 4R | 4R | 3R | 3R | G | 23–8 | 1 | |
| Lenda: G:Torneo gañado; F:Finalista; SF:Semifinalista; CF:Cuartos de final | ||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kerber clarifies that, despite strong Polish connection, she considers herself German". Tennis.com. Consultado o 2017-06-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Angelique Kerber |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tenistas femininas de Alemaña
- Nados en Bremen
- Nados en 1988
- Tenistas olímpicos de Alemaña
- Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas olímpicos de prata por Alemaña
- Medallistas olímpicos en tenis
- Campións do Campionato de Wimbledon
- Alemáns de ascendencia polaca