Sikorsky UH-60 Black Hawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UH-60 Black Hawk")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sikorsky UH-60 Black Hawk
UH-60 2nd Squadron, 2nd Cavalry Regiment (cropped).jpg
Tipohelicóptero utilitario
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo17 de outubro de 1974
Introducido1979
Produción1974-presente
Unidades construídasunhas 4 000
VariantesSikorsky SH-60 Seahawk
Sikorsky HH-60 Pave Hawk
Sikorsky HH-60 Jayhawk
Mitsubishi H-60

O Sikorsky UH-60 Black Hawk é un helicóptero utilitario medio de catro palas fabricado por Sikorsky Aircraft. Sikorsky enviuou o deseño S-70 para a competición do Exército dos Estados Unidos Utility Tactical Transport Aircraft System (UTTAS) en 1972. O Exército designou o prototipo como YUH-60A e seleccionou ao Black Hawk como gañador do programa en 1976, despois de competir co Boeing Vertol YUH-61.

Chamado así polo líder nativo americano Black Hawk, o UH-60A entrou en servizo co Exército estadounidense en 1979 para substituír ao Bell UH-1 Iroquois como helicóptero táctico de transporte. Este foi seguido polas variantes de guerra electrónica e operacións especiais do Black Hawk. Tamén se desenvolveron as variantes utilitarias melloradas UH-60L e UH-60M. Hai tamén versións modificadas para a Armada dos Estados Unidos, a USAF, e a Garda Costeira. A familia UH-60 tamén foi exportada a varias nacións. Os Black Hawk serviron en combate durante conflitos en Granada, Panamá, Iraq, Somalia, os Balcáns, Afganistán, e outras zonas de Oriente Medio.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Requerimento inicial[editar | editar a fonte]

A finais dos anos 60 o Exército dos Estados Unidos comezou a formular requisitos para un helicóptero que substituíse ao UH-1 Iroquois, e designando ao programa como o Sistema de Aeronaves de Transporte Táctico Utilitario (UTTAS). O Exército tamén iniciou o desenvolvemento dun novo motor de turbina común para os seus helicópteros que se convertería no General Electric T700.[1] Baseándose na súa experiencia en Vietnam, o Exército requiría significantes melloras en rendemento, supervivencia e fiabilidade tanto para o UTTAS como para o novo motor. O Exército publicou a súa solicitude de propostas UTTAS en xaneiro de 1972.[2] A solicitude tamén incluía requerimentos de transporte aéreo. O transporte dentro do C-130 Hercules limitaba a altura e lonxitude da cabina do aparello.[3]

Os requerimentos do programa UTTAS para mellorar a fiabilidade, supervivencia e os custos do ciclo de vida resultaron en características como dous motores con melloras para ter bo rendemento en ambientes quentes e altos, un deseño modular para a redución da pegada de mantemento, sistemas redundantes, rotorres máis robustos e silenciosos, ou estruturas máis resistentes a accidentes ou disparos.[4]

Construíronse catro prototipos, voando o primeiro YUH-60A o 17 de outubro de 1974. Antes da entrega dos prototipos á Armada realizouse unha avaliación preliminar en novembro de 1975 para asegurarse de que a aeronave podía ser operada con seguridade durante todas as probas.[5] Tres dos protitipos foron entregados ao Exército en marzo de 1976 para ser avaliado contra o deseño de Boeing-Vertol, o YUH-61A, e Sikorsky quedou con el para investigación interna. O Exército seleccionou ao UH-60 para produción en decembro de 1976. As entregas do UH-60A comezaron en outubro de 1978 e o helicóptero entrou en servizo en xuño de 1979.[6]

Melloras e variacións[editar | editar a fonte]

Despois de entrar en servizo, o helicóptero foi modificado para novas misións e roles, como a colocación de minas e a evacuación médica. Desenvolveuse unha variante EH-60 de guerra electrónica, e a aviación de operacións especiais desenvolveu o MH-60 para apoiar as súas misións.[7]

Debido ao aumento do peso pola adición de equipamento de misión e outros cambios, o Exército ordenou o mellorado UH-60L en 1987. O novo modelo incorporaba todas as modificacións feitas á frota de UH-60A como características de deseño stándar. O UH-60L tamén tiña máis potencia e capacidade de levantamento cos motores actualizados T700-GE-701C e unha transmisión máis forte, ámbolos dous elementos desenvolvidos para o SH-60B Seahawk.[8] A súa capacidade de levantamento externa incrementouse en 450 kg, chegando aos 4 100 kg. O UH-60L tamén incorporaba o sistema de control de voo automático (AFCS) do SH-60 para un mellor control de voo debido a problemas de manexo cos motores máis potentes.[9] A produción do modelo L comezou en 1989.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leoni 2007, pp. 8-10
  2. Leoni 2007, pp. 11, 39
  3. Leoni 2007, pp. 39, 42-43
  4. Leoni 2007, pp. 42-48
  5. Leoni 2007, p. 165
  6. Eden, Paul (2004). Encyclopedia of Modern Military Aircraft. Amber Books. ISBN 1-904687-84-9. 
  7. Tomajczyk 2003, pp. 15-29
  8. 8,0 8,1 Leoni 2007, pp. 217-218
  9. Bishop 2008

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bishop, Chris. Sikorsky UH-60 Black Hawk. Oxford, UK: Osprey, 2008. ISBN 978-1-84176-852-6.
  • Leoni, Ray D. Black Hawk, The Story of a World Class Helicopter. Reston, Virginia: American Institute of Aeronautics and Astronautics, 2007. ISBN 978-1-56347-918-2.
  • Tomajczyk, Stephen F. Black Hawk. St. Paul, Minnesota: MBI, 2003. ISBN 0-7603-1591-4.