Manuel Veiga Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Veiga Taboada
MVescritor.jpg
Manuel Veiga Taboada en maio de 2016.
Nome completoManuel Veiga Taboada
Nacemento1960
 Monforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
XénerosNarrativa e ensaio
PremiosPremio Xerais de Novela e Premio García Barros
editar datos en Wikidata ]

Manuel Veiga Taboada, nado en Monforte de Lemos en 1960, é un xornalista e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de mestres rurais, viviu até os doce anos entre Diomondi (O Saviñao) e a cidade de Monforte. Fixo o bacharelato en Monforte e aos 17 anos marchou a Madrid, onde residiu entre 1977 e 1983. Licenciouse en Ciencias da Información e Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 2001 doutorouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED, coa tese La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923).[2][3]

En 1983 incorporouse á redacción do semanario A Nosa Terra, do que foi o seu director durante entre 2007 e 2010, e desde entón reside en Vigo. Ademais da súa obra narrativa, é autor tamén de varios traballos relacionados coa historia política e coa literatura, publicados en diversas revistas especializadas.

Colaborador habitual de Nós Diario[4] e A Nosa Terra.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Ensaio humorístico[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-21. 
  2. 2,0 2,1 "Lois e Helena buscándose un día de tormenta". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-21. 
  3. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-21. 
  4. Diario, Nós. "Nós Diario - Diario de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2020-07-21. 
  5. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-21. 
  6. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-21. 
  7. "Manuel Veiga presentou o libro «O exiliado e a primavera», co que obtivo o Xerais de Novela 2004". La Voz de Galicia. 2005-03-11. Consultado o 2020-07-21. 
  8. Nicolás, Ramón (2014-02-20). "Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga". Caderno da crítica. Consultado o 2020-07-21. 
  9. Diario, Nós. "Os tópicos que nos contan: Galiza para non galeguistas". Nós Diario. Consultado o 2020-07-21.