Campo Municipal de Las Llanas
| Las Llanas | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sestao | |||||||
Partido en 2013 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Deporte
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Inauguración
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Campo Municipal de Las Llanas é un estadio de fútbol español da cidade de Sestao (Biscaia), inaugurado en 1923. Con capacidade para 8.900 espectadores, serve de localía para o Sestao River Club e Sociedad Deportiva San Pedro.
Historia
[editar | editar a fonte]O Campo de Las Llanas inaugurouse en 1923, nun partido entre o desaparecido Sestao Sport Club e a Sociedad Deportiva Kaiku (daquela club filial do Sestao e hoxe convertido en club de remo). Até 1956 o seu propietario era unha familia sestaoarra, pero ese ano debido a problemas entre a familia e o club, o Concello pronunciouse a favor do equipo verdinegro e expropiu o campo, pasando a propiedade municipal.
Na actualidade atópase nun estado algo deficiente, necesitando reforma os vestiarios pola súa falta de hixiene. Ademais, recentemente o Concello de Sestao decidiu demoler o vello estadio de Las Llanas para construír un novo campo no terreo de Las Canteras.
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dun campo que conta con dúas entradas. Ten unha tribuna principal con asentos de cor vedinegra (as cores da vila e do River) e tres bancadas de chanzos empededrados, agás dúas das bancadas sen cuberta. Conta cun palco, dous bares, sala e cabinas de prensa, catro torretas de luz e está adaptado para discapacitados.
