Saltar ao contido

Selección de fútbol de Vietnam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vietnam
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Liên Đoàn Bóng Đá Việt Nam
Confederación AFC (Asia)
Código FIFA VIE
Alcume Những chiến binh sao vàng
Clasificación FIFA 94 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Park Hang-seo
Máis encontros Lê Công Vinh (83)
Máximo goleador Lê Công Vinh (51)
Estrea internacional
Filipinas Filipinas 2 – 2 Vietnam
Manila, Filipinas; 26 de novembro de 1991
Maior vitoria
Vietnam 11 − 0 Guam Guam
Cidade Ho Chi Minh, Vietnam; 23 de xaneiro de 2000
Maior derrota
Cimbabue Cimbabue 6 – 0 Vietnam
Kuala Lumpur, Malaisia; 26 de febreiro de 1997
Omán 6 – 0 Vietnam
Incheon, Corea do Sur; 26 de febreiro de 2003
Copa Asiática
Participacións 2 (primeira en 2007)
Mellor resultado Cuartos de final (2007, 2019)

A selección de fútbol de Vietnam (en vietnamita: Đội tuyển bóng đá quốc gia Việt Nam) é o equipo representativo de Vietnam nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Vietnam (Liên Đoàn Bóng Đá Việt Nam), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Alcumados os Những chiến binh sao vàng[1] (Golden Star Warriors), aínda que nunca conseguiron participar na fase final dunha Copa do Mundo, conseguiron clasificarse para catros Copas Asiáticas. O seu mellor resultado foron os cuartos de final de 2007 e 2019.

Entre 1954 e 1976, cando o país estaba dividido en dous, existían as seleccións de Vietnam do Norte e de Vietnam do Sur. Coa unificación do país, chegou a unificación das dúas federacións na actual Federación de Fútbol de Vietnam. Porén, debido ás guerras nas que se viu involucrado posteriormente o país, así como a sancións internacionais, a selección non regresou até o ano 1991. Como a selección de Vietnam do Sur era membro da FIFA, a organización considera á actual selección sucesora desta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "VFF - Chủ tịch nước Nguyễn Xuân Phúc chúc các chiến binh sao vàng giành vé vào vòng loại thứ ba World Cup 2022". VFF (en vietnamita). 2021-05-25. Consultado o 2021-06-04.