Saltar ao contido

Selección de crícket da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estatístiscas correctas até o 28 de outubro de 2021.

India
PaísIndia India
AsociaciónBoard of Control for Cricket in India
Status test25 de xuño de 1932
AlcumeMen in Blue
Elenco
AdestradorRavi Shastri
CapitánVirat Kohli
International Cricket Council
Status ICCFull Member (31 de maio de 1926)
Rexión ICCAsia
Ranking Actual Mellor
Test(1973)
ODI(1994)
T20(2014)
Tests
Primeirov. Inglaterra Inglaterra en Londres
2528 de xullo de 1932
Mundial de Test do ICC
Veces1 (primeiro en 2019−2021)
MellorSubcampións (2019−2021)
One Day Internationals
Primeirov. Inglaterra Inglaterra en Leeds
13 de xullo de 1974
Copa do Mundo de Cricket
Veces12 (primeiro en 1975)
MellorCampións (1983, 2011)
Twenty20 Internationals
Primeirov. Suráfrica en Xohanesburgo
1 de decembro de 2006
Copa do Mundo de T20
Veces6 (primeiro en 2007)
MellorCampións (2007)

Test

ODI e T20I

A selección de crícket da India, tamén coñecida como Team India (do inglés: Equipo India) ou Men in Blue (Homes de Azul), é o equipo representativo da India nas competicións internacionais de crícket. Está dirixida polo Board of Control for Cricket in India (BCCI) e é membro de pleno dereito (full member) do International Cricket Council (ICC) con status de Test, One Day International (ODI) e Twenty20 International (T20I).

O crícket foi introducido na India polos mariñeiros británicos no século XVIII, sendo o primeiro club do país fundado no ano 1792. Con todo, a selección nacional india non xogaría o seu primeiro Test match até o 25 de xuño de 1932, nun xogo disputado no Lord's londiniense. Converteríanse así no sexto equipo en conseguir o status de equipo de Test. Desde ese ano 1932, a India tivo que agardar até 1952, case 20 anos, para acadar primeira vitoria nun encontro de Test. Nos seus primeiros cincuenta anos como equipo internacional de crícket, a India non obtivo moito éxito, gañando só 35 dos primeiros 196 test que xogou. Porén, o equipo gañou forza na década de 1970 coa aparición de xogadores como Gavaskar, Viswanath, Kapil Dev, Prasanna, Venkataraghavan, Chandrasekhar ou Singh Bedi.

Tradicionalmente moito máis forte en casa que fóra, o equipo indio mellorou a súa forma no estranxeiro, especialmente no crícket de overs limitados, desde principios do século XXI, gañando Test matches en Australia, Inglaterra e Suráfrica. Foi o segundo equipo de crícket en gañar a Copa do Mundo, despois das Indias Occidentais, en 1983, repetindo título en 2011 baixo a capitanía de Mahendra Singh Dhoni. Despois de gañar a Copa do Mundo de 2011, India converteuse no terceiro equipo despois das Indias Occidentais e Australia en gañar a Copa do Mundo máis dunha vez, e o primeiro equipo de crícket en gañar a Copa do Mundo en casa. O equipo de crícket da India garda rivalidade con outras seleccións, principalmente con Paquistán, arquirrival político da India, e con Australia. Con todo, nos últimos tempos, están gañando protagonismo rivalidades con nacións como Suráfrica e Inglaterra.

Os británicos levaron o crícket á India a principios de 1700, sendo o primeiro partido de crícket xogado en 1721.[1] En 1848, a comunidade parsi de Bombai fundou o Oriental Cricket Club, o primeiro club de crícket estabelecido por nativos do lugar. A pesar disto, os británicos non os convidaron a xogar contra eles até moitos anos despois, en 1877.[2] A comezos do século XX, en 1912, comezouse a disputar un torneo cuadrangular entre parsis, sikhs, hindús, musulmáns e europeos.[2] Nestes primeiros anos de século, algúns indios comezaron a xogar para a selección de Inglaterra, sendo algúns deles, como Ranjitsinhji ou Duleepsinhji, moi apreciados polos británicos. En 1911 un equipo de indios fixo o seu primeiro tour polas Illas Británicas. Porén, xogaron tan só contra equipos condais e non contra a propia selección inglesa.

Status de Test match

[editar | editar a fonte]
Lala Amarnath en Lord's en 1936.

A India foi convidada á Imperial Cricket Conference en 1926, e fixo o seu debut como nación de test match en Inglaterra en 1932. O equipo estaba liderado por CK Nayudu, quen estaba considerado o mellor bateador indio nese momento.[3] O único encontro de test disputado entre as seleccións de Inglaterra e a India xogouse no Lord's de Londres. Naquela altura o equipo indio non destacaba polo seu bateo e acabou por perder por 158 carreiras. Ao ano seguinte a India acolleu os seus dous primeiros test match como local. O rival foi, de novo, Inglaterra nuns encontros disputados en Bombai e Calcuta. Ao igual que no primeiro enfrontamento, a vitoria foi para os ingleses en ambos os xogos. O equipo indio continuou mellorando durante as décadas de 1930 e 1940, aínda que sen conseguir ningunha vitoria internacional durante o período. A comezos da década de 1940, a India non xogou ningún test de crícket debido á segunda guerra mundial. A primeira serie do equipo como país independente foi a finais de 1947 contra os Invencíbeis de Sir Don Bradman (nome dado á selección de Australia da época). Esta serie, celebrada no país austral, foi tamén a primeira onde o rival non foi Inglaterra. Australia gañou a serie de cinco partidos por 4-0, con Bradman atormentando aos lanzadores indios. A súa primeira serie de test en casa contra un equipo distinto de Inglaterra chegou en 1948 cando se enfrontaron á selección das Indias Occidentais. A serie saldouse con derrota para os locais por 1−0.[4]

A primeira vitoria da India nun test match chegaría até o 24 de marzo de 1952 contra Inglaterra en Madras. Ese mesmo ano, conseguirían gañar a súa primeira serie, sendo o rival a selección de Paquistán. O combinado continuou mellorando durante a década de 1950, gañando unha nova serie en 1956, neste caso ante Nova Zelandia. Con todo, o equipo non consegue ningunha outra vitoria no resto da década, perdendo antes as potentes Australia e Inglaterra. Durante a seguinte década, a India gañou fama como equipo forte na casa. En 1961−62 gañaron a súa primeira serie de Test contra Inglaterra en casa, así como outra contra Nova Zelandia. Tamén lograron empatar en casa contra Paquistán e Australia e outra contra Inglaterra. Neste mesmo período, a India tamén gañou a súa primeira serie fóra do subcontinente, concretamente contra Nova Zelandia en 1967−68.

A chave do bowling da India na década de 1970 foi o Indian spin quartet, un grupo de catro xogadores formados por Bishen Bedi, E.A.S. Prasanna, BS Chandrasekhar e Srinivas Venkataraghavan. Este período tamén viu a aparición de dous dos mellores bateadores da historia da India, Sunil Gavaskar e Gundappa Viswanath. Os lanzamentos indios tiñan a tendencia de usar efectos, e o Indian spin quartet aproveitou isto para crear colapsos nas aliñacións de bateo rivais. Estes xogadores, baixo a capitanía de Ajit Wadekar, foron responsables das vitorias consecutivas nas series de 1971 nas Indias Occidentais e en Inglaterra.

Éxito na Copa do Mundo

[editar | editar a fonte]

A chegada dun novo formado de crícket en 1971, o One Day International (ODI), creou unha nova dimensión no mundo deste deporte. A India non se consideraba naquela altura un combinado forte no novo formato, con bateadores como o capitán Gavaskar coñecidos polo seu enfoque defensivo ao bateo. A India comezou como un equipo débil en ODI e non se clasificou para a segunda rolda nas dúas primeiras edicións da Copa do Mundo de Crícket. Pola contra, en encontros de Test, o combinado indio presentaba equipos destacados, sendo particularmente fortes na casa. De feito, batiron un récord da épica no terceiro Test contra as Indias Occidentais xogado en Porto de España cando conseguiron 403 carreiras para gañar, 112 delas de Viswanath. En novembro de 1976, o equipo estableceu outro récord ao anotar 524 por 9 declarados contra Nova Zelandia en Kanpur sen que ningún bateador individual anotase un century (100 carreiras).

Durante a década de 1980, a India desenvolveu unha aliñación de bateo cunha mentalidade máis ofensiva con bateadores como Mohammed Azharuddin, Dilip Vengsarkar e os todoterreos Kapil Dev e Ravi Shastri. India gañou a Copa do Mundo de Crícket en 1983, derrotando aos favoritos e campións nas dúas edicións anteriores, as Indias Occidentais. A pesar disto, o equipo fixo un mal papel nos Test, incluíndo 28 xogos consecutivos sen conseguir unha vitoria. En 1984 a India gañou a Copa de Asia e, en 1985, gañou a primeira e última edición do World Championship of Cricket en Australia. Á parte disto, a India seguiu sendo un equipo débil fóra do subcontinente indio. A vitoria da serie de Test de 1986 contra Inglaterra seguiu sendo a última vitoria fóra do país durante os seguintes 19 anos.

Finais do século XX

[editar | editar a fonte]
Sachin Tendulkar cun compeñeiro.

A incorporación de Sachin Tendulkar e Anil Kumble á selección nacional en 1989 e 1990 mellorou aínda máis ao equipo. Ao ano seguinte incorporouse Javagal Srinath, o bowler co lanzamento máis rápido da India desde que Amar Singh fixo o seu debut. A pesar disto, durante a década de 1990, a India non gañou ningún dos 33 Test fóra do subcontinente, mentres que na casa gañou 17 de 30. Despois de ser eliminados polos seus veciños de Sri Lanka na semifinal da Copa do Mundo de Crícket de 1996, celebrada na propia India, o equipo sufriu un serie de cambios, entre os que destacan a chegada de Sourav Ganguly e Rahul Dravid, nun futuro capitáns do equipo. A finais de 1996 Tendulkar substituíu a Azharuddin como capitán, mais despois dunha mala xeira de resultados, tanto a nivel individual como colectivo, renunciou á capitanía e Azharuddin foi reinstalado a principios de 1998. Unha vez eliminada a carga da capitanía, Tendulkar foi o máximo anotador de carreiras do mundo tanto en Test como en ODI. De feito, a India conseguiu gañar nunha serie de Test á selección de Australia, naquela altura o mellor equipo do mundo.

Despois de non poder acadar ás semifinais na Copa do Mundo de Crícket de 1999, Tendulkar foi nomeado novamente capitán. Porén, tivo outra mala xeira de resultados, perdendo 3-0 nunha xira por Australia e despois 2-0 en casa ante Suráfrica. Tendulkar dimitiu e xurou non volver ser capitán do equipo nunca máis, sendo nomeado Ganguly o seu substituto. A comezos de 2000 o equipo sufriu un grave dano cando o ex capitán Azharuddin e o seu compañeiro de bateador Ajay Jadeja víronse implicados nun escándalo de arranxo de partidos. En consecuencia impúxoselles unha suspensión de por vida e de cinco anos respectivamente. Este período foi descrito pola BBC como "o peor momento do cricket indio". Con todo, o novo núcleo formado por Tendulkar, Dravid, Kumble e Ganguly, xurou non deixar que isto lles volvese a suceder e sacar ao crícket indio de tempos escuros. Así, os tres primeiros deixaron de lado as súas ambicións persoais, permitindo que Ganguly os conducise a unha nova era.

Éxito con Ganguly e Dhoni

[editar | editar a fonte]
Dhoni en 2010.

O equipo indio experimentou importantes melloras baixo a capitanía de Sourav Ganguly e a dirección de John Wright, o primeiro adestrador estranxeiro da India. A India mantivo o seu récord de imbatibilidade na casa contra Australia após a serie de Test de 2001. A vitoria en 2001 contra os australianos marcou o comezo dunha lembrada xeira de bos resultados con vitorias en Test en Cimbabue, en Sri Lanka, nas Indias Occidentais e en Inglaterra. No mesmo ano, a India foi compartiu o título de campioa do Champions Trophy da ICC xunto con Sri Lanka e subcampioa da Copa do Mundo de Crícket 2003 en Suráfrica tras seren derrotados na final por Australia. Na temporada 2003−04 a India conseguiu empatar unha serie de Test en Australia por 1−1 contra os campións do mundo, así como gañar outra en Paquistán.

A partir da temporada de 2004, a India comezou a notar a baixada do estado físico dos seus xogadores máis veteranos. Unha derrota nunha serie de Test na casa ante Australia foi seguida por unha derrota nunha serie ODI en casa contra Paquistán. Greg Chappell substituíu a John Wright como adestrador do equipo despois da serie, mais os seus métodos resultaron controvertidos e levárono a unha pelexa contra Ganguly, o que provocou que Rahul Dravid fose nomeado capitán. Isto provocou o rexurdir do equipo coa aparición de xogadores como MS Dhoni e Suresh Raina e a maioría de idade de Irfan Pathan e Yuvraj Singh. Unha contundente vitoria na serie en casa sobre Sri Lanka en 2005 e unha serie empatada con Suráfrica colocaron a India no segundo lugar da clasificación ICC de ODI. Unha convincente vitoria na serie ODI en Paquistán a principios de 2006, logo dunha derrota na serie de Test, deulle a India o récord mundial de 17 vitorias consecutivas en ODI bateando segundo. Con todo, unha derrota da serie 4-1 nas Indias Occidentais en 2006 provocou unha caída na forma de ODI da India.

A comezos de 2007, antes da Copa do Mundo, o equipo indio viu un rexurdimento na súa fortunas en ODI vencendo contra as Indias Occidentais e Sri Lanka. Isto persuadiu a moitos expertos para considerar á India como un dos candidatos a campión do mundo. Con todo, as derrotas ante Bangladesh e Sri Lanka fixeron que India non chegase á segunda rolda. En agosto de 2007, Dravid deixou a capitanía, sendo sucedido no cargo por Dhoni. En 2009, despois de vencer por 2−0 a Sri Lanka, a India acadou o primeiro lugar na clasificación da ICC de Test. Máis tarde, en 2011, a India gañou a Copa do Mundo de Crícket de 2011 ao derrotar a Sri Lanka na final, converténdose así no terceiro equipo despois das Indias Occidentais e Australia en gañar a Copa do Mundo dúas veces. Tamén se converteron no primeiro equipo en gañar a Copa do Mundo en casa.

Despois da Copa do Mundo, o equipo comezou a encaixar malos resultado, que levaron ao retiro de Dravid e VVS Laxman dos Test de crícket en 2012. En 2013 seguiu o mesmo camiño Tendulkar, que se retirou despois do seu 200º xogo de Test. Con Ganguly retirado en 2008, este período marcou o final da lendaria aliñación de bateo. En 2012, a India seguiu enfrontándose a un período de transición difícil, sendo eliminada na eliminada na segunda rolda do ICC World Twenty20 de 2012 e sen conseguirse clasificarse á final da Copa Asia 2012. Con todo, 2013 foi o ano do rexurdimento do crícket indio.

Éxito en overs limitados con Kohli

[editar | editar a fonte]
Virat Kholi en 2015.

A principios de 2013, aínda gañando a Australia, as abultas derrotas ante Nova Zelandia e Suráfrica fóra de casa xeraron fortes críticas aos xogadores de crícket indios polo seu baixo rendemento no estranxeiro. En 2013 a India derrotou a Inglaterra na final do ICC Champions Trophy e Dhoni converteuse no primeiro capitán da historia en gañar os tres principais trofeos da ICC: a Copa do Mundo, a Copa do Mundo de T20 e o Champions Trophy.

En 2014, a India de novo non logrou chegar á final da Copa de Asia, mentres que na Copa do Mundo de T20, organizada en Bangladesh, caeron derrotados na final. Este torneo viu o ascenso de Virat Kohli como un dos mellores bateadores de overs limitados no crícket mundial. A finais desde mesmo ano a India realizou unha xira por Australia a para unha serie de Test de 4 partidos. Esta serie é lembrada pola repentina retirada de MS Dhoni do crícket despois do final do segundo Test. Virat Kohli foi nomeado novo capitán, mais non puido reverter a serie e a India perdeu 2-0.

Coa capitanía de Kholi, a India comezou a dominar de novo nos xogos de Test na casa. A vitoria na serie de Test de 2015 ante Australia deu comezo a unha xeira de 19 partidos de Test invictos. Isto foi seguido por vitorias en overs limitados fóra da casa ante a propia Australia e Sri Lanka. Na Copa do Mundo de 2015, a India conseguiu chegar até as semifinais, perdendo ante o eventual campión Australia. Após o mundial, a temporada de 2016 foi coñecida "The Grand Home Season" (do inglés: A gran temporada na casa), onde gañaron series de Test a Nova Zelandia, Inglaterra, Bangladesh e Australia. Isto levou á India a regresar ao primeiro lugar da clasificación do ICC de Test.

En 2017 a India derrotou a Paquistán no primeiro encontro do Champions Trophy. Porén, perderon contra o mesmo equipo na final do torneo. Na Copa do Mundo de 2019, o equipo acabou primeiro na fase de grupos con sete vitorias e unha única derrota ante os anfitrións, Inglaterra. Xa nas eliminatorias, o equipo conseguiu acadar as semifinais, mais perderon ante Nova Zelandia por 18 carreiras. En 2021 a India xogou a final do novo Mundial de Crícket de Test, mais perdeu na final ante Nova Zelandia.

Aquí enuméranse todos os xogadores que xogaron para a India nos últimos 12 meses e os formatos nos que xogaron a partir de 2021. En abril de 2021, o BCCI publicou unha nova lista de contratos que será válida desde outubro de 2020 até setembro de 2021.[5][6]

Lenda
SímboloSignificado
C/GTipo de contrato co BCCI
S/NNúmero do xogador en todos os formatos
FormatoFormato ao que está a xogar recentemente
NomeIdadeBateoLanzamentoEquipoZona Equipo IPLC/G FormatoS/NÚltimo TestÚltimo ODIÚltimo T20I
Capitán de Test, ODI e T20I; Top-Order Batsman
Virat Kohli37DestroDestro medioDelhiNorth Royal Challengers BangaloreA+Test, ODI, T20I18Inglaterra 2021Inglaterra 2021Paquistán 2021
Vicecapitán de ODI e T20I; Opening Batsman
Rohit Sharma39DestroDestro off spinMumbaiWest Mumbai IndiansA+Test, ODI, T20I45Inglaterra 2021Inglaterra 2021Paquistán 2021
Vicecapitán de Test; Middle-Order Batsman
Ajinkya Rahane38DestroDestro off spinMumbaiWest Delhi CapitalsATest3Inglaterra 2021Suráfrica 2018West Indies Cricket Board 2016
Opening Batsmen
Mayank Agarwal35DestroDestro off spinKarnatakaSouth Punjab KingsBTest, ODI16Australia 2021Australia 2020
Shikhar Dhawan40ZurdoDestro off spinDelhiNorth Delhi Capitals AODI, T20I42Inglaterra 2018Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Ruturaj Gaikwad29DestroMaharashtraWest Chennai Super KingsT20I31Sri Lanka 2021
Shubman Gill26DestroDestro off spinPunjabNorth Kolkata Knight RidersCTest, ODI77Nova Zelandia 2021Australia 2020
Devdutt Padikkal26ZurdoKarnatakaSouth Royal Challengers BangaloreT20I37Sri Lanka 2021
KL Rahul34DestroDestro medioKarnatakaSouth Punjab Kings ATest, ODI, T20I1Inglaterra 2021Inglaterra 2021Paquistán 2021
Prithvi Shaw26DestroDestro off spinMumbaiWest Delhi CapitalsTest, ODI, T20I27Australia 2020Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Middle-Order Batsmen
Shreyas Iyer31DestroDestro leg spinMumbaiWest Delhi Capitals CODI, T20I41Inglaterra 2021Inglaterra 2021
Manish Pandey36DestroKarnatakaSouth Sunrisers HyderabadODI, T20I21Sri Lanka 2021Australia 2020
Cheteshwar Pujara38DestroDestro leg spinSaurashtraWest Chennai Super KingsATest25Inglaterra 2021Bangladesh 2014
Nitish Rana32ZurdoDestro off spinDelhiNorth Kolkata Knight RidersODI, T20I12Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Hanuma Vihari32DestroDestro off spinAndhraSouth Delhi Capitals (2019) CTest44Australia 2021
Suryakumar Yadav35DestroDestro medioMumbaiWest Mumbai Indians ODI, T20I63Sri Lanka 2021Paquistán 2021
All-Rounders
Ravichandran Ashwin40DestroDestro off spinTamil NaduSouth Delhi Capitals ATest, T20I99Nova Zelandia 2021West Indies Cricket Board 2017Inglaterra 2021
Ravindra Jadeja37ZurdoZurdo spin ortodoxoSaurashtraWest Chennai Super Kings ATest, ODI, T20I8Inglaterra 2021Australia 2020Paquistán 2021
Hardik Pandya32DestroDestro rápido-medioBarodaWest Mumbai Indians AODI, T20I33Inglaterra 2018Sri Lanka 2021Paquistán 2021
Krunal Pandya35ZurdoZurdo spin ortodoxoBarodaWest Mumbai Indians ODI, T20I36Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Axar Patel32ZurdoZurdo spin ortodoxoGujaratWest Delhi Capitals CTest, T20I20Inglaterra 2021Nova Zelandia 2017Inglaterra 2021
Washington Sundar26ZurdoDestro off spinTamil NaduSouth Royal Challengers Bangalore CTest, T20I5Inglaterra 2021Sri Lanka 2017Inglaterra 2021
Wicket-Keepers
Ishan Kishan28ZurdoJharkhandEast Mumbai Indians ODI, T20I32Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Rishabh Pant28ZurdoDelhiNorth Delhi Capitals ATest, ODI, T20I17Inglaterra 2021Inglaterra 2021Paquistán 2021
Wriddhiman Saha41DestroBengalEast Sunrisers Hyderabad BTest6Australia 2020Sri Lanka 2014
Sanju Samson31DestroDestro off spinKeralaSouth Rajasthan RoyalsODI, T20I9Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Pace Bowlers
Jasprit Bumrah32DestroDestro rápidoGujaratWest Mumbai Indians A+Test, ODI, T20I93Inglaterra 2021Australia 2020Paquistán 2021
Deepak Chahar34DestroDestro medio-rápidoRajasthanCentral Chennai Super Kings CODI, T20I90Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Prasidh Krishna30DestroDestro rápidoKarnatakaSouth Kolkata Knight Riders ODI43Inglaterra 2021
Bhuvneshwar Kumar36DestroDestro medio-rápidoUttar PradeshCentral Sunrisers Hyderabad BODI, T20I15Suráfrica 2018Sri Lanka 2021Paquistán 2021
T. Natarajan35ZurdoZurdo medio-rápidoTamil NaduSouth Sunrisers HyderabadTest, ODI, T20I4Australia 2021Inglaterra 2021Inglaterra 2021
Navdeep Saini33DestroDestro rápidoDelhiNorth Royal Challengers BangaloreCTest, ODI, T20I96Australia 2021Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Chetan Sakariya28ZurdoZurdo medio-rápidoSaurashtraWest Rajasthan RoyalsODI, T20I55Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Mohammed Shami36DestroDestro rápidoBengalEast Punjab Kings ATest, ODI, T20I11Inglaterra 2021Australia 2020Paquistán 2021
Ishant Sharma38DestroDestro rápido-medioDelhiNorth Delhi Capitals ATest97Inglaterra 2021Australia 2016Australia 2013
Mohammed Siraj32DestroDestro rápidoHyderabadSouth Royal Challengers Bangalore CTest73Inglaterra 2021
Shardul Thakur34DestroDestro rápido-medioMumbaiWest Chennai Super Kings BTest, ODI, T20I54Inglaterra 2021Inglaterra 2021Inglaterra 2021
Sandeep Warrier35DestroDestro medio-rápidoTamil NaduSouth Kolkata Knight Riders T20I22Sri Lanka 2021
Umesh Yadav38DestroDestro rápidoVidarbhaCentral Delhi Capitals BTest19Inglaterra 2021West Indies Cricket Board 2018Australia 2019
Spin Bowlers
Yuzvendra Chahal36DestroDestro leg spinHaryanaNorth Royal Challengers BangaloreCODI, T20I3Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Rahul Chahar27DestroDestro leg spinRajasthanCentral Mumbai Indians ODI, T20I28Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021
Varun Chakravarthy35DestroDestro leg spinTamil NaduSouth Kolkata Knight RidersT20I29Sri Lanka 2021
Krishnappa Gowtham37DestroDestro off spinKarnatakaSouth Chennai Super KingsODI55Sri Lanka 2021
Shahbaz Nadeem37ZurdoZurdo spin ortodoxoJharkhandEast Sunrisers Hyderabad Test88Inglaterra 2021
Kuldeep Yadav31ZurdoZurdo spin non ortodoxoUttar PradeshCentral Kolkata Knight Riders CTest, ODI, T20I23Inglaterra 2021Sri Lanka 2021Sri Lanka 2021

O BCCI asina contratos cos seus xogadores, o seu salario asígnase en función da importancia do xogador. Os salarios dos xogadores son os seguintes:

  • Grao A+ – ₹7 crore (813 632,40 €)
  • Grao A – ₹5 crore (580 542,13 €)
  • Grao B – ₹3 crore (348 331,31 €)
  • Grao C – ₹1 crore (116 110,44 €)
Paga por xogo

Os xogadores tamén reciben un pago por partido de ₹15 lakh (17 434,98 €) en Test, ₹6 lakh (6 966,67 €) por ODI e ₹3 lakh (3 483,33 €) por T20I.

Resultados en torneos

[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo de Test

[editar | editar a fonte]
Resultados no ICC World Test Championship
Ano Fase de liga Final Posición final
PosSeriesXogosPCPCTRpW RatioDedPts
XVDIXVDIE
2019–211/96510171241072072.2%1.5770520Derrota ante  Nova Zelandia por 8 wickets

Copa do Mundo de Crícket

[editar | editar a fonte]
Resultados na Copa do Mundo
Ano Rolda Posición PX V D E NR
Inglaterra 19751ª rolda6/831200
Inglaterra 19791ª rolda7/830300
Inglaterra 1983Campións1/886200
IndiaPaquistán 1987Semifinais3/875200
Australia Nova Zelandia 19921ª rolda7/982501
India Paquistán Sri Lanka 1996Semifinais3/1274300
Inglaterra Irlanda Países Baixos Escocia Gales19992ª rolda6/1284400
Suráfrica Zimbabwe Kenya 2003Subcampións2/14119200
West Indies Cricket Board 2007Fase de grupos9/1631200
IndiaSri LankaBangladesh 2011Campións1/1497110
Australia Nova Zelandia 2015Semifinais3/1487100
Inglaterra Gales 2019Semifinais3/10107201
India 2023Clasificados
Total2 títulos12/1285532912

Copa do Mundo de T20

[editar | editar a fonte]
Resultados na Copa do Mundo de T20
Ano Rolda Posición PX V D E NR
Suráfrica 2007Campións1/1274111
Inglaterra 2009Super 8s7/1252300
West Indies Cricket Board 2010Super 8s8/1252300
Sri Lanka 2012Super 8s5/1254100
Bangladesh 2014Subcampións2/1665100
India 2016Semifinais4/1653200
Emiratos Árabes Unidos Omán 2021Clasificados
Australia 2022Clasificados
Total1 title6/633201111

ICC Champions Trophy

[editar | editar a fonte]
Resultados no Champions Trophy
Ano Rolda Posición PX V D E NR
Bangladesh 1998Semifinais3/921100
Kenya 2000Subcampións2/1143100
Sri Lanka 2002Campións1/1232001
Inglaterra 2004Fase de grupos7/1221100
India 2006Fase de grupos5/1031200
Suráfrica 2009Fase de grupos5/831101
Inglaterra 2013Campións1/855000
Inglaterra 2017Subcampións2/853200
Total2 títulos8/82717802

ACC Asia Cup

[editar | editar a fonte]
Resultados na Copa de Asia
Ano Rolda Posición PX V D E NR
Emiratos Árabes Unidos 1984Campións1/322000
Sri Lanka 1986Boicotearon o torneo
Bangladesh 1988Campións1/443100
India 1990–91Campións1/332100
Emiratos Árabes Unidos 1995Campións1/443100
Sri Lanka 1997Subcampións2/4 31101
Bangladesh 2000First round3/431200
Sri Lanka 2004Subcampións2/663300
Paquistán 2008Subcampións2/6 64200
Sri Lanka 2010Campións1/443100
Bangladesh 2012Primeira rolda3/432100
Bangladesh 2014Primeira rolda3/542200
Bangladesh 2016Campións1/555000
Emiratos Árabes Unidos 2018Campións1/65401-
Sri Lanka 2022Clasificados
Total7 titles13/1452351511

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Copa do Mundo:
    • Campións (2): 1983, 2011
    • Subcampións (1): 2003
  • Copa do Mundo de T20:
    • Champions (1): 2007
    • Subcampións (1): 2014
  • Champions Trophy:
    • Campións (2): 2002, 2013
    • Subcampións (2): 2000, 2017
  • Copa de Asia:
    • Campións (7): 1984, 1988, 1990–91, 1995, 2010, 2016, 2018
    • Subcampións (3): 1997, 2004, 2008

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Rexistro de Test contra outras nacións

Opoñente Xogos Vitorias Derrotas Tie Draw % V % D % E Primeiro Último
 Afganistán 11000100.000.000.0020182018
 Australia 102304312929.4142.1527.4519472021
 Bangladesh 11900281.810.0018.1820002019
 Zimbabwe 11720263.6418.1818.1819922005
 Indias Occidentais 98223004622.4430.6146.9319482019
 Inglaterra 130314905023.8437.6938.4619322021
 Nova Zelandia 60211302635.0021.6643.3319552021
 Paquistán 5991203815.2520.3464.4119522007
 Sri Lanka 4420701745.4615.9138.6419822017
 Suráfrica 39141501035.8938.4625.6419922019
Total 555164171121929.5430.8139.4519322021
Estatísticas correctas até o  India v  Inglaterra en The Oval, Londres, 2–6 de setembro de 2021.[7][8]

One-Day Internationals

[editar | editar a fonte]

Rexistro de ODI contra outras nacións

Opoñente Xogos Vitorias Derrotas Tie NR % V Primeiro Último
Membros de pleno dereito do ICC
 Afganistán 3201083.3320142019
 Australia 143538001039.8419802020
 Bangladesh 363050185.7119882019
 Zimbabwe 6351102082.5419832016
 Indias Occidentais 13364632450.3819792019
 Inglaterra 10355432356.0019742021
 Irlanda 33000100.0020072015
 Nova Zelandia 11055491552.8519752020
 Paquistán 13255730442.9619782019
 Sri Lanka 162935711161.5819792021
 Suráfrica 8435460343.2019882019
Membros asociados do ICC
África Oriental 11000100.0019751975
 Bermudas 11000100.0020072007
 Emiratos Árabes 33000100.0019942015
 Escocia 11000100.0020072007
 Hong Kong 22000100.0020082018
 Kenya 131120084.6219962004
 Namibia 11000100.0020032003
 Países Baixos 22000100.0020032011
Total 99651842894154.7119742021
Estatísticas correctas até o  India v  Sri Lanka en Colombo, 3º ODI, 23 de xullo de 2021.[11][12]

Twenty20 Internationals

[editar | editar a fonte]

Rexistro de T20I contra outras nacións

Opoñente Xogos Vitorias Derrotas Tie+Win Tie+Loss NR % V Primeiro Último
Membros de pleno dereito do ICC
 Afganistán 220000100.0020102012
 Australia 2313900159.0920072020
 Bangladesh 1110100090.9020092019
 Zimbabwe 75200071.4220102016
 Indias Occidentais 1710600162.5020092019
 Inglaterra 1910900052.6320072021
 Irlanda 330000100.0020092018
 Nova Zelandia 166820043.7520072020
 Paquistán 86110081.2520072016
 Sri Lanka 2014500173.6820092021
 Suráfrica 159600060.0020062019
Membros asociados do ICC
 Emiratos Árabes 110000100.0020162016
 Escocia 10000120072007
Total 143894730465.1020062021
Estatísticas correctas até o  India v  Sri Lanka en Colombo, 1º T20I, 25 de xullo de 2021.[15][16]

Xogadores en negra están aínda activos coa India.

  1. Downing, Clement (1737). William Foster, ed. A History of the Indian Wars. Londres.
  2. 1 2 "Cricket and Politics in Colonial India". Ramachandra Guha. 1998. JSTOR 651075.
  3. "History of the Imperial Cricket Conference". ICC. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2006.
  4. "West Indies tour of India". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2015.
  5. "Kuldeep Yadav and Yuzvendra Chahal demoted in BCCI contracts list". ESPNcricinfo. 15 April 2021. Consultado o 15 April 2021.
  6. "BCCI announces annual player retainership 2020–21 – Team India (Senior Men)". The Board of Control for Cricket in India (en inglés). Consultado o 15 April 2021.
  7. "Records | Test matches | Team records | Results summary | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 04−11−2021.
  8. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 04−11−2021.
  9. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  10. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  11. "Records / India / One-Day Internationals / Result summary". ESPNcricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  12. "Records / One-Day Internationals / Team records / Results summary". ESPNcricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  13. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  14. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  15. "Records / India / Twenty20 Internationals / Result summary". ESPNcricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  16. "Records / Twenty20 Internationals / Team records / Results summary". ESPNcricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  17. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.
  18. "India Cricket Team Records & Stats | ESPNcricinfo.com". Cricinfo. Consultado o 4 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]