Segundo Grandío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segundo Grandío
Data nacemento20/04/1965
Nado enGalicia Galicia
Ocupaciónmúsico, produtor
Instrumento(s)baixo
Relacionado conSiniestro Total
Na rede
http://www.grandio.gl
editar datos en Wikidata ]

Segundo Grandío é un músico e produtor galego coñecido por ser o baixista da banda viguesa Siniestro Total entre os anos 1988 e 2001. En 1999 creou os estudios Casa de Tolos situados en Mañufe, Gondomar e no ano 2003 fundou o selo PAI Música. En 2018 Grandío lanzou unha plataforma de streaming de concertos en vivo e documentáis musicais chamada Tolemias TV.

Biografía[editar | editar a fonte]

Segundo ingresou en Siniestro Total en 1988 para ocupar o lugar deixado por Alberto Torrado e a súa primeira aparición nun traballo da banda foi no álbum En beneficio de todos, aparecido ese mesmo ano. Participou nos discos de estudio Made in Japan, Policlínico miserable e La historia del blues, así como nos directos Ante todo mucha calma e Cultura Popular. No 2001 deixou o grupo sendo substituído por Óscar Avendaño. Entre os temas compostos por Grandío durante eses anos destacan "Camino de la cama", "Y yo me callo" e "Respeten nuestro dolor", editados todos coma sinxelos.

No ano 1999 fundou os estudios de gravación Casa de Tolos en Mañufe, Gondomar, polos que pasaron artistas como Jabón Blue, Fuxan os Ventos, Berrogüetto, María do Ceo, Milladoiro, Os Diplomáticos de Monte Alto, Malvela, Uxía ou Ruxe Ruxe entre outros. Na actualidade o estudio tamén se dedica a facer traballos de vídeo, de deseño gráfico e de webs.

No mes de febreiro do 2003 Grandío iniciou a produtora PAI ("Producciones Audiovisuales Ingleniosas"), tamén con sede en Mañufe, co obxectivo de dar cobertura músicos que non poden acceder ás canles convencionais da industria musical. O selo conta con cinco subdivisións dedicado cada un a xéneros distintos (tradicional, rock e pop, blues e jazz, solistas e varios).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]