Saltar ao contido

Tipi dulce tipi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tipi dulce tipi
Siniestro Total Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
Localización
 País de orixe
Wikidata

"Tipi dulce tipi" é unha canción da banda viguesa de rock Siniestro Total, editada como sinxelo do seu terceiro álbum Menos mal que nos queda Portugal en 1984[1].

A cara-b do sinxelo, "Hey, Hey Vigo", apareceu posteriormente na re-edición do álbum Menos mal que nos queda Portugal, ademais do álbum ao vivo Ante todo mucha calma. "Tipi dulce Tipi" está tamén nese último traballo ademais de no recompilatorio ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?[2][3].

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Tipi dulce Tipi" (Miguel Costas) - 2:07
  2. "Hey, Hey Vigo" (Julián Hernández) - 1:09