Country & Western

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Country & Western
Álbum de Siniestro Total
Publicado setembro do 2010
Gravación do 7 ao 10 de febreiro do 2010
Estudio(s) The Foam Box, Houston, Texas
Xénero(s) blues rock, hard rock
Selo(s) Sony
Producido por Joe Hardy
Cronoloxía
Popular, democrático y científico Country & Western -

Country & Western é o décimo terceiro álbum de estudio da banda viguesa Siniestro Total, editado en setembro do ano 2010. O son xeral do álbum tende cara o blues rock, aínda que conta con temas cunha sonoridade hard rock, semellante á dos seus traballos de mediados dos 90 Made in Japan e Policlínico miserable.

Os temas "Quen me dera na casiña", "Sé", "Fariseos del Rock'n'roll" e "La Paz Mundial" comezaron a gravarse en maio do 2009 nos estudios Casa de Tolos do ex-baixista da banda Segundo Grandío, e completáronse en Houston. Realizáronse tamén gravacións adicionais nos estudios Comber Road Studios, Son Animal e Colon Cleaner de Vigo e en Baterías Taponadas en Cambre.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "I'm the very first one in the drinking line"   2:36
2. "Country & Western"   3:00
3. "Asco"   2:39
4. "Sé"   3:31
5. "La paz mundial"   2:50
6. "Mi amigo imaginario"   3:03
7. "Fariseos del rock and roll"   4:40
8. "The wrong frequency"   1:03
9. "Los putos amos"   4:06
10. "Como el aceite y el yang"   3:01
11. "Trastorno bipolar"   3:17
12. "Facundo busca lío"   4:04
13. "Mira por donde pisas, cowboy"   3:03
14. "Quen me dera na casiña"   3:50
15. "La balada del Látigo"   2:05