Malvela
| Malvela | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Xénero
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).
Xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía Senlle. O que nun principio foi unha actividade cultural, convértese nunha paixón continuada coa idea de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria. [1]
Está integrado por 13 cantareiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina (falecida), Aurita, Teresa, Merche e Adela (falecida)), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).
Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Que o pano non me namora (2002)
- O Aghinaldo (2004)
- Da miña xanela á túa (2007). CD con 15 cancións (“Ou Trevo de catro follas”, “A pinga d´auga”, “Conanfrón”, “Pirimpimpín” ...) e un DVD con dous vídeo clips, un documental, e un “como se fixo”..
- Raianas (2011)
- O benquerer (2023).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Malvela – Da miña xanela á túa – Paitunes". paitunes.com. Consultado o 2025-09-30.