Saltar ao contido

Sexo chungo/Me pica un huevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sexo chungo/Me pica un huevo
Siniestro Total Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
Datas
 Data de publicación
1983 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

"Sexo chungo/Me pica un huevo" é o primeiro sinxelo da banda viguesa de rock Siniestro Total, editado no ano 1983 polo selo DRO. Ámbolos dous temas foron gravados nos estudios Trak de Madrid para o programa de RTVE Caja de ritmos, e foron incluídos no ano 2002 na re-edición do álbum ¿Cuándo se come aquí?[1].

"Sexo chungo" aparecería posteriormente interpretada ao vivo no álbum Bailaré sobre tu tumba de 1985, e "Me Pica un Huevo" no álbum ao vivo Ante todo mucha calma e no recompilatorio ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?[2][3].

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Sexo Chungo" (Miguel Costas) - 2:17
  2. "Me Pica un Huevo" (Julián Hernández) - 1:45