Secretario xeral da CNT
O secretario xeral da CNT é o cargo principal da Confederación Nacional do Traballo (CNT). Carece de poder executivo, limitándose as súas atribucións a cuestións técnicas e administrativas.
Accédese ó cargo vía elección nun pleno nacional de rexionais da CNT. Paralelamente desígnase como sede do Comité Nacional á federación local á que pertence o secretario xeral. É por este motivo que a CNT non conta cunha sede central fixa, senón que vai cambiando dependendo do lugar de residencia do secretario xeral elixido en cada ocasión.
O pleno local da federación local elixida como sede reúnese para designar o resto de secretarías, que serán:
- tesoureiro-contador
- prensa, propaganda e cultura
- organización
- relacións externas.
O secretario xeral elixido polo pleno nacional de rexionais, e as secretarías escollidas polo pleno local da federación local que é sede, forman o Secretariado Permanente do Comité Nacional da CNT (SP-CN). O resto do comité nacional fórmano as secretarías xerais de cada Confederación Rexional.
O primeiro secretario xeral da CNT, escollido no Congreso de Constitución da organización en 1910, foi José Negre que era secretario xeral do sindicato catalán Solidaridad Obrera, xermolo da CNT, e a primeira sede do SP-CN foi Barcelona. Non se coñece o nome e duración no cargo de tódolos secretarios xerais da CNT, xa que durante anos o sindicato foi unha organización clandestina e que estivo suxeita a unha forte represión, polo que nalgunhas ocasións existen varias versións sostidas por distintas fontes. Ademais, ó non ser un cargo executivo, o posto non tivo -agás en certos momentos- unha excesiva importancia. Na actualidade Fidel Manrique ocupa o cargo desde agosto de 2007, sendo Torrelavega a sede do SP-CN.
Lista de secretarios xerais da CNT
[editar | editar a fonte]Ata a guerra civil
[editar | editar a fonte]1. Entre 1911 e 1914 a organización estivo na clandestinidade, de tal modo que non se pode asegurar que efectivamente José Negre ocupase o cargo entre 1913 e 1914.
2. Substituído por Manuel Buenacasa provisionalmente entre agosto e novembro de 1917.
3. Algúns consideran que a duración no cargo de Joan Peiró concluíu a finais de 1922 e que desa data a marzo de 1923 a secretaría xeral ocupouna Salvador Seguí.
4. Algunhas versións contan que Manuel Adame puido ser secretario xeral antes que Paulino Díez, e que a este puido substituílo Pedro Vallina.
5. O seu primeiro apelido aparece tamén como García e Gracia.
6. Algunhas fontes consideran que xa a finais de 1922 o SP-CN se establecera en Zaragoza.
7. Descoñécese se nesta época houbo secretario xeral, aventurándose a posibilidade de que Ángel Pestaña ocupase o cargo e o SP-CN retornase a Barcelona.
8. Substituído circunstancialmente por Manuel Sirvent segundo unhas fontes e por Fancisco Martínez segundo outras.
9. Segundo M. Pérez ata xuño de 1932.
10. Algunhas fontes colocan a Joaquín Ascaso inmediatamente antes, ata decembro de 1933.
11. Parece que dimitiu tralo congreso de Zaragoza de 1936 e que foi substituído provisionalmente por David Antona e Antonio Moreno en Madrid ó longo do verán, volvendo á secretaría xeral entre setembro e mediados de novembro.
Durante o franquismo
[editar | editar a fonte]Durante este período a CNT funcionou de forma clandestina no interior de España, actuando tamén a organización no exilio en Francia. Entre os exiliados houbo unha escisión que provocou que durante un período de tempo houbese dous comités nacionais cos seus correspondentes secretarios xerais da CNT no exilio.
No interior
[editar | editar a fonte]Nome | Desde | Ata |
---|---|---|
Esteban Pallarols Xirgu | abril 1939 | novembro 1939 |
Manuel López López | xaneiro d1940 | xullo 1940 |
Celedonio Pérez Bernardo | xullo 1940 | febreiro 1941 |
Eusebio Azañedo Grande | decembro 1942 | agosto 1943 |
Manuel Amil Barcia | setembro 1943 | setembro 1944 |
Sigfredo Catalá Tineo | setembro 1944 | marzo 1945 |
José Expósito Leiva | maio 1945 | xullo 1945 |
César Broto Villegas | xullo 1945 | outubro 1945 |
Ángel Morales Vázquez | novembro 1945 | marzo 1946 |
Lorenzo Íñigo Granizo | marzo 1946 | abril 1946 |
Enrique Marco Nadal | maio 1946 | abril 1947 |
Antonio Ejarque Pina | maio 1947 | agosto 1947 |
Manuel Villar Mingo | agosto 1947 | novembro 1947 |
Antonio Castaño Benavent | abril 1948 | xullo 1949 |
Miguel Vallejo Sebastián | xullo 1949 | xuño 1953 |
Ismael Rodríguez Ajax | outubro 1960 | outubro 1961 |
Francisco Calle Mancilla | abril 1962 | febreiro 1964 |
Cipriano Damiano Ganzáles | abril 1964 | abril 1965 |
Francisco Royano Fernández | maio 1965 | setembro 1968 |
No exilio
[editar | editar a fonte]Antes da escisión
[editar | editar a fonte]Nome | Data de elección | Organismo | Localidade |
---|---|---|---|
Mariano Rodríguez Vázquez 1 | 25 de febreiro de 1939 | Consello Xeral do MLE | París |
José Germán González | xuño 1943 | Pleno Nacional | Mauriac |
Juan Manuel Molina Mateo | setembro 1943 | Pleno Nacional | Tourniac |
Francisco Careño | marzo 1944 | Pleno Nacional | Muret |
Juan Manuel Molina Mateo | outubro 1944 | Pleno Nacional | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | maio 1945 | Congreso de París | París |
1. Trala súa morte, ocupa o cargo Germinal Esgleas Jaume.
Escisión
[editar | editar a fonte]Fracción ortodoxa
[editar | editar a fonte]Nome | Data de elección | Organismo | Localidade |
---|---|---|---|
Germinal Esgleas Jaume | - | - | - |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1946 | Tolosa | |
José Peirats Valls | outubro 1947 | Congreso de Federacións Locais | Tolosa |
Pedro Herrera | abril 1947 | I Conferencia Intercontinental | - |
Emilio Julio González | outubro 1948 1 | Congreso de Federacións Locais | - |
Luis Blanco | febreiro 1949 | II Conferencia Intercontinental | Tolosa |
José Peirats Valls | maio 1950 | I Pleno Nacional | Tolosa |
Martín Villarupia | abril 1951 | II Pleno Intercontinental | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | xullo 1952 | III Pleno Intercontinental | Aymare |
Germinal Esgleas Jaume | xullo 1953 | IV Pleno Intercontinental | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1954 | V Pleno Intercontinental | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1955 | VI Pleno Intercontinental | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | xullo 1956 | VII Pleno Intercontinental | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1957 | VIII Pleno Intercontinental | Tolosa |
Roque Santamaría Cortiguera | agosto 1958 | IX Pleno Intercontinental | Tolosa |
Roque Santamaría Cortiguera | setembro 1959 | X Pleno Intercontinental | Vierzon |
Roque Santamaría Cortiguera | agosto 1960 | Congreso de Federacións Locais | Limoges |
1. Dimitiu en decembro de 1948.
Fracción posibilista
[editar | editar a fonte]Nome | Data de elección | Organismo | Localidade |
---|---|---|---|
Ramón Álvarez Palomo | novembro 1945 | Pleno de Rexionais de Orixe | Tolosa |
Ramón Álvarez Palomo | agosto 1946 | Plenaria | Tolosa |
José Juan Domenech | decembro 1947 | I Pleno Nacional de Rexionais | Tolosa |
José Juan Domenech | maio 1948 | Plenaria | - |
José Juan Domenech | febreiro 1949 | II Pleno Nacional | - |
Helios Sánchez | xuño 1950 | III Pleno Nacional | - |
Miguel Vallejo | xuño 1952 | IV Pleno Nacional | - |
Miguel Vallejo | marzo 1954 | V Pleno Nacional | - |
Ramón Liarte Viu | novembro 1955 | VI Pleno Nacional | - |
Ginés Alonso | agosto 1957 | VII Pleno Nacional | - |
Ginés Alonso | outubro 1958 | VIII Pleno Nacional | - |
Ginés Alonso | marzo 1960 | IX Pleno Nacional | Clermont Ferrand |
Trala reunificación
[editar | editar a fonte]Nome | Data de elección | Organismo | Localidade |
---|---|---|---|
Roque Santamaría Cortiguera | agosto 1961 | Congreso de Federacións Locais | Limoges |
Roque Santamaría Cortiguera | agosto 1962 | Pleno Intercontinental | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | outubro 1963 | Congreso de Federacións Locais | Tolosa |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1965 | Congreso de Federacións Locais | Montpellier |
Fernado Alemany | agosto 1967 | Pleno Intercontinental | Marsella |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1969 | Pleno Intercontinental | Bordeos |
Germinal Esgleas Jaume | agosto 1971 | Pleno Intercontinental | Marsella |
Marciano Sigüenza 1 | agosto 1973 | Pleno Intercontinental | Marsella |
Alejandro Lamela | agosto 1975 | Congreso de Federacións Locais | Marsella |
1. Dimitiu en xaneiro de 1975.
Desde a Transición
[editar | editar a fonte]Nome | Desde | Ata | Sede do SP-CN |
---|---|---|---|
Juan Gómez Casas | agosto 1976 | abril 1978 | Madrid |
Enric Marco Batlle | abril 1978 | decembro 1979 | Barcelona |
José Bondía Román | decembro 1979 | xaneiro 1983 | Madrid |
Antonio Pérez Canales | xaneiro 1983 | - | - |
Fernando Montero | xullo 1983 | - | - |
Juan Gómez Casas | 1985 | - | - |
José Luis García Rúa | marzo 1986 | 1990 | Granada |
Vicente Vilanova | 1990 | - | Valencia |
José Ros | novembro 1992 | - | Barcelona |
Luis Fernando Barba | maio 1995 | decembro 1995 | Granada |
José Luis Velasco | decembro 1995 | febreiro 1998 | Madrid |
Luis Fuentes | decembro 1998 | outubro 2000 | Bilbao |
Ana Sigüenza Carbonell | outubro 2000 | marzo 2003 | Madrid |
Iñaki Gil Uriarte | abril 2003 | xullo 2005 | Vitoria |
Rafael Corrales Valverde | xullo 2005 | agosto 2007 | Sevilla |
Fidel Manrique | agosto 2007 | decembro 2007 | Torrelavega |
Alfonso Álvarez | decembro 2010 | marzo 2013 | Córdoba |
Pedro Senra | marzo 2013 | actualidade | Valladolid |
Martín Paradelo | abril 2015[1] | xullo 2017 | Compostela |
Enrique Hoz | xullo 2017 | - | Bilbao |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paradelo, el primer gallego máximo dirigente de la CNT en su historia". finanzas.com (en castelán). 12-05-2015. Arquivado dende o orixinal o 02-04-2016. Consultado o 21-11-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Secretario xeral da CNT |