José Negre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Negre
Nacemento13 de maio de 1875
 Ludiente
Falecemento24 de decembro de 1939
 Argelès-sur-Mer
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

José Negre foi un anarquista valenciano.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era tipógrafo, e foi o último Secretario Xeral do sindicato catalán Solidaridad Obrera. Foi un dos organizadores do Congreso de Constitución da Confederación Nacional do Traballo que tivo lugar en Barcelona en 1910, sendo elixido o primeiro Secretario Xeral, ocupando o cargo ata 1911.

Volveu ser elixido ocupando a secretaría xeral de novo ata 1914, aínda que entre 1911 e 1914 o sindicato estivo na clandestinidade, de xeito que non se pode asegurar que efectivamente ocupase o cargo entre os anos 1913 e 1914.

Colaborou en diferentes publicacións entre 1910 e 1920. Retomou a súa actividade militante en 1936, e posteriormente estivo no campo de concentración de Argelés. Suponse que morreu alí o 5 de febreiro de 1939, ou ao mes seguinte. Outras versións din que morreu no campo de concentración de Saint Cyprien.

Escribiu ¿Qué es el sindicalismo? (1917), Recuerdos de un viejo militante (1936) e ¿Qué es el colectivismo anarquista? (1938),

Predecesor:
-
El mesmo
Secretario Xeral da CNT
1910 - 1911
1911 - 1914
Sucesor:
El mesmo
Manuel Andreu

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]