Alejandro Lamela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Lugo, España |
Morte | marzo de 1991 (80/81 anos) Tolosa, Francia |
Secretario Xeral da CNT | |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de |
Alejandro Lamela, nado en Lugo en 1910 e finado en Tolosa en marzo de 1991, foi un líder anarcosindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou nos eventos da revolución española de 1936 como membro da CNT e a Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL). Durante a retirada en febreiro de 1939 do exército republicano no remate da Guerra Civil Española marchou a Francia, alí pasou por varios campos de traballo en compañías de traballadores estranxeiros. Ao remate da segunda guerra mundial estableceuse en Clermont-Ferrand. Alí, dirixiu o Boletín Ródano-Alpes (1956-1961) con Antònia Fontanillas Borràs e Abel Paz e colaborou con boa parte da prensa anarquista española no exilio como Le combat syndicaliste, Cenit, Nueva Senda, Espoir ou La Escuela Moderna[1]. Foi membro da comisión de relacións da CNT do Macizo Central e o derradeiro secretario xeral da CNT no exilio, elixido en Marsella en agosto de 1975 no Congreso de Federacións Locais. Deixou o cargo en agosto de 1976 a Juan Gómez Casas, primeiro secretario do interior desde 1936, daquela nunha situación de semilegalidade. Estableceuse en Tolosa, e alí morreu en 1991.