Juan Gómez Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Gómez Casas
Nacemento1921
 Bordeos
Falecemento2001
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Juan Gómez Casas, nado en Bordeos en 1921 e falecido en Madrid no 2001, foi un destacado militante anarcosindicalista. Foi Secretario Xeral da CNT en dous períodos, e autor de numerosos escritos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Francia nunha familia española emigrada que regresaría posteriormente, fíxose militante da CNT desde moi novo. Combateu na guerra civil española desde 1938.

Logo da derrota de 1939 e mercede á súa mocidade conseguiu evitar ser represaliado. Mantivo a actividade clandestina e foi nomeado en 1946 Secretario Xeral das Juventudes Libertarias do Centro, e un ano despois das de toda a Confederación. En 1948 foi detido, e máis tarde condenado a 30 anos de prisión, que cumpriu ata 1962.

Falecido o ditador Franco, foi un dos militantes cenetistas que legalizou o sindicato, sendo elixido o primeiro Secretario Xeral da CNT na nova etapa (entre agosto de 1976 e abril de 1978). Tralo V Congreso opúxose rotundamente ás correntes reformistas que o impugnaron. Defensor dunha liña anarcosindicalista e libertaria pura, manifestouse en contra de todo posibilismo e de facer da CNT un sindicato dependente máis.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Cuentos carcelarios, Madriz, Zyx, 1968
  • Autogestión en España, Madrid, Juan Gómez Casas, 1976, ISBN 84-400-2084-8
  • Los anarquistas en el gobierno : (1936-1939), Barcelona, Bruguera, 1977, ISBN 84-02-05173-1
  • El relanzamiento de la C.N.T., 1975-1979: (con un epílogo hasta la primavera de 1984), Móstoles, CNT-AIT, 1984, ISBN 84-398-2555-2
  • Historia de la FAI: (aproximación a la historia de la organización específica del anarquismo y sus antecedentes de la Alianza de la Democracia Socialista), Madrid, Fundación Anselmo Lorenzo, 2002, ISBN 84-86864-57-7
  • Historia del anarcosindicalismo español : epílogo hasta nuestros días, Madrid, La Malatesta, 2006, ISBN 84-934762-1-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Alejandro Lamela
Fernando Montero
Secretario Xeral da CNT
agosto 1976 - abril 1978
1985
Sucesor:
Enric Marco
José Luis García Rúa