Enrique Marco Nadal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Enrique Marco Nadal
Nacemento3 de maio de 1913
 Valencia
Falecemento13 de novembro de 1994
 Torrent
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Enrique Marco Nadal, nado en Valencia o 3 de maio de 1913 e finado en Torrent o 13 de novembro de 1994, foi un sindicalista do País Valenciano, membro da CNT.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obreiro ferroviario e militante libertario desde a súa mocidade. Despois de saír do Estado español exiliado combateu nas filas aliadas na Segunda Guerra Mundial. Tras o seu regreso clandestino á península, loitou contra a ditadura de Franco e foi Secretario Xeral da CNT na clandestinidade desde maio de 1946 até abril de 1947.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Marco Nadal, Enrique: Todos, contra Franco: la Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, 1944-1947, Madrid: Queimada, 1982, ISBN 84-85735-17-X