Pedro Herrera
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) Pedro María Herrera Sancristóbal 17 de xullo de 1959 Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1981 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Fillos | Ander Herrera | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pedro María Herrera Sancristóbal, nado en Bilbao o 17 de xullo de 1959, é un exfutbolista vasco, que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Athletic de Bilbao e no Erandio. Debutou en Segunda División no UD Salamanca con quen ascendeu a Primeira División. O ano do ascenso ficha polo Real Zaragoza, onde xogou as seguintes seis tempadas sendo unha peza importante do equipo.
Ao finalizar a tempada 1987-88 obtén a carta de liberdade do Zaragoza e ficha polo Celta de Vigo. En Vigo realiza moi boa tempada, rematando o equipo na oitava posición. Porén, a comezos do seguinte ano e tras moitas molestias diagnosticóuselle roturas na cartilaxe do xeonllo polo que ten que deixar a práctica do fútbol.
Pedro Herrera pasa a ser secretario técnico do club, posto que ocupou ata o ano 1993 cando ficha polo Real Zaragoza para o mesmo posto. Un dos seus maiores logros foi a fichaxe do xogador balcánico Vladimir Gudelj. O Celta nomeou a Javier Maté para substituílo na secretaría técnica do club.
Na actualidade Pedro Herrera segue ocupando o cargo de secretario técnico en Zaragoza.
O seu fillo Ander Herrera tamén e futbolista.
Equipos
[editar | editar a fonte]| Ano | Club |
|---|---|
| 1981-1982 | UD Salamanca |
| 1982-1988 | Real Zaragoza |
| 1988-1989 | Celta de Vigo |
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Título | Ano | Club |
|---|---|---|
| Copa do Rei | 1985-86 | Real Zaragoza |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marcos L. Bacariza (7 de marzo de 2010). "Pedro Herrera". Yo jugué en el Celta (en castelán).