Canto Sean-nós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sean-nós»)

O sean-nós é unha tradición de canto irlandesa con semellanzas aos alalás galegos.[1] O estilo comunmente coñecido como sean-nós do canto na illa de Irlanda en xeral, úsase tanto en irlandés como en inglés, especialmente na música ornamentada. É un estilo de canto que hoxe se escoita a miúdo en Connatch nestes días, pero tamén hai unha forte tradición noutros lugares da illa [2].

Competición de canto (amhránaíocht)[editar | editar a fonte]

O Corn Uí Riada é a competición de máis alto nivel en canto sean-nós. Os concursantes teñen que cantar unha canción lenta e outra animada.

Historia[editar | editar a fonte]

"Sean-nós" é un termo que se orixinou durante o renacemento da lingua irlandesa coas orixes de Oireachtas na Gaeilge, cando os concursos de canto foron introducidos como parte do festival[3]. Os Oireachtas querían distinguir entre o canto vernáculo (o "sean-nós") e o tipo de canto que se oía ao redor do piano nas salóns da clase media (o "novo hábito") naquel tempo.[4]

Polémicas[editar | editar a fonte]

Nome[editar | editar a fonte]

Hoxe en día o termo "sean-nós" é moi utilizado, pero é obxecto de discusión desde hai décadas. Algúns cantantes opinan que non se debe empregar en absoluto o termo "sean-nós".[5]

Pedagoxía[editar | editar a fonte]

Para algúns cantar sean-nós é unha arte única, por iso hai quen pensa que a arte non se lle pode explicar a quen non a ten, pero iso non impediu que se impartisen e sigan a impartir clases deste estilo de canto.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario, Nós (2021-01-15). "Belém Tajes publica a súa viaxe musical polos 'sean-nós', os alalás irlandeses". Nós Diario. Consultado o 2022-06-12. 
  2. Por exemplo, Eoiní Mhaidhcí Ó Suilleabháin é moi coñecido como cantante "sean-nós". Sobre el fixéronse varios programas (en TG4 e Raidió na Gaeltachta) mentres cantaba cancións ao estilo de Mumhain. Véxase p. ex. o programa TG4 de 2011.
  3. "Sean-nós singing and Oireachtas na Gaeilge: identity, romantic nationalism, and the agency of the Gaeltacht community nexus". ulir.ul.ie ; University of Limerick - Ollscoil Luimnigh (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  4. Máire Ní Choilm ag cur síos ar amhránaíocht ar an sean-nós.
  5. Por exemplo, Sorcha Ní Ghuairim. No Oireachtas de 1943 presentouse un simposio no que se tratou esta cuestión; véxase Róisín Nic Dhonncha, «The Oireachtas and Sean-Nós Singing: The Creation and Acquisition of Tradition», en Ruairí Ó hUiginn e Liam Mac Cóil (eds.), Bliainiris 2004, 57-71.
  6. Por exemplo Scoil Cheoil an Earraigh

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Música irlandesa
  • Amhráin is Ansa Liom, unha serie de TG4 na que os actuais mestres de sean-nós describen as súas cancións favoritas, o estilo de música que herdaron e os motivos polos que prefiren certas cancións a outras.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]