Slide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Slide é un termo que se refire a diversos aspectos vinculados coa música e a danza.

Na música irlandesa[editar | editar a fonte]

Refírese tanto a un estilo de música irlandesa como a un tipo de baile irlandés. Ten compás de 12/8 e a súa orixe sitúase na rexión de Sliabh Luachra, no condado irlandés de Kerry.[1]

Aínda que un slide contén o mesmo número de pulsos que unha jig, a melodía está composta en catro pulsos no canto de dous. Mentres que a jig adoita ser bailada por bailaríns de stepdance irlandés, os slides fanse en grupos de bailaríns de set dance.

No estilo de guitarra[editar | editar a fonte]

En lingua inglesa slide significa 'deslizamento'[2], tamén se denomina bottleneck (pescozo de botella)[3]. É unha técnica de guitarra na que se toca unha nota e despois se desliza o dedo a outro traste, arriba ou abaixo do diapasón. O termo slide utilízase en referencia ao xesto de deslizamento nas cordas, mentres que bottleneck fai referencia ao material orixinal empregado.

Músicos hawaianos, country ou blues deslizan sobre as cordas un tubo metálico, aínda que primitivamente se usaban aneis, coitelos ou o unha botella de vidro, que dá nome á técnica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "irishtune.info Rhythm Definitions - Irish Traditional Music Tune Index". www.irishtune.info. Consultado o 2022-05-08. 
  2. "slide guitar - WordReference.com Dictionary of English". www.wordreference.com (en inglés). Consultado o 2022-05-08. 
  3. "The MASTER of Blues Slide Guitar - Derek Trucks". Consultado o 2022-05-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]